HomesociedadeEste 22 de setembro concentración en Monforte en repulsa polo ataque ao...

Este 22 de setembro concentración en Monforte en repulsa polo ataque ao edificio de Prodeme

O ataque a este inmoble prodúcese unha semana despois de que a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia anunciase a creación do primeiro centro específico para menores migrantes con 80 plazas. “Condenamos taxantemente os actos vandálicos acontecidos no edificio, que mesmo semellan un atentado. Unha sociedade pacífica como a monfortina non pode nin debe admitir actos como este”, condena o rexedor local.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ante o grave ataque con cócteles molotov contra o inmoble destinado a ser centro de acollida de menores non acompañados en Monforte, distintas persoas e colectivos da sociedade civil monfortina convocan á cidadanía a concentrarse este domingo, 21 de setembro, ás 12:00 horas na Praza de España.

A convocatoria nace de forma cidadá, coa vontade de responder pacificamente a este acto de violencia e intolerancia e de defender os valores da convivencia, da solidariedade e do respecto aos dereitos humanos máis básicos.

Durante a concentración darase lectura a un manifesto no que se condenará con firmeza este ataque e se apelará á cohesión social e á convivencia en igualdade. A lectura contará coa participación da escritora, Olga Novo, Premio Nacional de Poesía. “A cidadanía de Monforte e da comarca está chamada a participar masivamente nesta mobilización en defensa da paz social e da dignidade”, insisten.

O alcalde convoca xunta de voceiros

O alcalde de Monforte vén de convocar unha xunta de voceiros para este luns, 22 de setembro, ás 9.00 horas, para analizar a situación conxuntamente con todos os grupos políticos da corporación municipal “e plantexar un rexeitamento unánime de todos concelleiros diante dos feitos tan graves que se veñen de producir”, indicou Tomé.

O Alcalde recibiu a chamada da Policía Local de Monforte ás 3.11 horas da madrugada na que se lle informaba do incidente no edificio e de que o incendio provocado polos cócteles molotov estaba controlado, facéndose cargo a Policía Nacional da investigación dos feitos.

ÚLTIMAS

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...