HomesociedadeO xulgado de Sarria mellora a seguridade de acceso ao edificio

O xulgado de Sarria mellora a seguridade de acceso ao edificio

A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes executou no verán varias melloras no Xulgado de Sarria, cun investimento de 26.300 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, visitou este xoves as instalacións para comprobar o resultado das obras. A principal actuación centrouse no acondicionamento da fachada, para corrixir o deterioro propio do paso do tempo.

Con esa finalidade acometeuse a limpeza de todo o exterior e da entrada principal. Tamén se aplicou un tratamento hidrófugo –para evitar a humidade– na fachada e renovouse a pintura dos paramentos. Nas zonas onde hai pedra, realizouse o selado das xuntas. No que respecta ao interior do inmoble, destaca o pintado da área de Rexistro Civil.

Co plan de reforzo da seguridade neste tipo de edificios xa se tiña instalado un arco de seguridade na entrada do xulgado sarriao para facilitar os controis de acceso. Antes de que finalice o ano acometerase unha nova actuación para acondicionar unha porta de paso específica con peche eléctrico para o persoal que desenvolve alí o seu traballo. Arias lembrou que o Goberno galego ten un programa anual de mantemento e modernización das infraestruturas xudiciais da Comunidade.

Xulgado Sarria / Delegación terirtorial

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...