Homesociedade80.000€ para a mellora da estrada sarriá que une Barbadelo con Vilei

80.000€ para a mellora da estrada sarriá que une Barbadelo con Vilei

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo acordou este venres aprobar a adxudicación por importe de 80.000€ para mellorar a estrada LU-P-5712, a vía que une, en Sarria, a parroquia de Barbadelo co núcleo de Vilei.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A empresa adxudicataria foi CHOLO SL e os traballos afectarán á totalidade da vía. As obras consistirán na reapertura de cunetas, no afirmado co estendido do aglomerado en quente, no pintado da vía e na reposición da sinalización vertical. O prazo de execución unha vez comecen os traballos será dun mes.

Este venres a Xunta de Goberno tamén adxudicou por 60.500€ o lote 2 do contrato de equipamento que corresponde ao material de hostalería para o restaurante e a cafetería do complexo de Augas Mestas. A empresa adxudicataria é JELU HOSTELERÍA SL e o prazo máximo de entrega será de dous meses desde o comezo dos traballos.

Este paquete inclúe tanto mobiliario e maquinaria de cociña —como forno de gas, cheminea ou lavalouzas— así como elementos para dotar e acondicionar o comedor, entre eles mesas, cadeiras ou taburetes. Ademais, todos os produtos incluídos neste lote terá unha garantía de cinco anos.

García Porto avanzou que “o lote 1, que afecta a mobiliario en xeral, equipamento de piscina, vestiarios ou material para os bungalows está en proceso de contratación” e fixo especial fincapé en que a institución provincial “segue avanzando para que os veciños e veciñas da provincia poidan volver desfrutar destas instalacións situadas nun paraxe de gran beleza como é a beira do Río Sil, en Quiroga”.

Tamén se aprobaron os trámites para o pago de varias subvencións en Quiroga á Asociación de Veciños Cultural e Deportiva de Novaes e Sequeiros que acondicionará un  camiño; e a Asociación de Veciños de Chaos de Bendollo parsa melloras nas captacións existentes. En Ribas de Sil a Agrupación de Veciños de Castro de Abaixo construirá un depósito de auga. En Folgoso do Courel a Asociación Veciñal, Cultural e Medioambiental Os Entaladoiros acondicionará o local social da antiga casa escola de Mercurín.

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...