HomesociedadeChantada premia as mellores fachadas e balcóns na vila e no rural

Chantada premia as mellores fachadas e balcóns na vila e no rural

O Concello de Chantada, a través da Concellaría de Parques e Xardíns, convocaba este ano, a II edición do Concurso de Embelecemento de Fachadas e Balcóns. O prazo para inscribirse remataba o 10 de xullo e foron 14 propostas as inscritas (6 na zona urbana e 8 no rural), que estiveron a exposición ata mediados de setembro para poder ser valoradas polo xurado. 

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O fallo facíase público esta semana cando as mellores decoracións recibían os seus premios no acto que se desenvolveu na Casa da Cultura de Chantada, presidido polo alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, acompañado polo concelleiro de Parques e Xardíns, Diego Otero con parte do seu equipo e outros concelleiros da corporación.

Nesta ocasión ampliábase o número de categorías e establecíanse dúas modalidades para espazos rurais e urbanos. Así na vila de Chantada contábase coas categorías de fachadas e balcóns e nas aldeas premiábanse as fachadas e o conxunto axardinado, quedando os premios do seguinte modo:

  • 1º premio zona urbana Balcóns: 200€ para Mayra Isabel Peña Cruz (29 puntos)
  • 2º premio zona urbana Balcóns: 100€ para María Isabel Mazaira Figueiras (14,5 puntos)
  • 3º premio zona urbana Balcóns: 50€ para Concepción Míguez Rodríguez (14 puntos)
  • 1º premio zona urbana Fachadas: 300€ para Juan Manuel Fernández González (18 puntos)

1 premio fachada urbana / Concello de Chantada

  • 1º premio zona rural Fachadas: 300€ para Victorino Fernández Rodríguez (23 puntos)
  • 2º premio zona rural Fachadas: 200€ para María Dolores Cuñarro (16puntos)
  • 3º premio zona rural Fachadas: 100€ para Alicia Fernández Lamas (15 puntos)
  • 1º premio zona rural Conxunto: 400€ para Diego Rodríguez Tumbeiro (28 puntos)
  • 2º premio zona rural Conxunto: 300€ para Ana Belén Otero Vázquez (27 puntos)
  • 3º premio zona rural Conxunto: 150€ para María Jesús Gómez Lamas (20 puntos)

1º premio balcón urbana / Concello de Chantada

As decoracións gañadoras recibiron tamén o seu diploma e a todas as participantes entregóuselles unha bolsa personalizada da concellaría de Parques e Xardín e unha planta e set de xardinaría. “Estamos moi satisfeitos coa participación e o traballo feito en cada fachada, nos balcón e xardíns. Repetiron participantes da edición pasada pero a maioría foron novas solicitudes. Seguimos apostando por incentivar a participación cidadá na mellora da calidade ambiental e na ornamentación dos espazos. Desde o Concello tamén poñemos en valor a estética das nosas zonas naturais e participamos un ano máis do programa Vilas en Flor”, explica o alcalde, Manuel Lorenzo Varela.

Para escoller as mellores decoracións, o xurado valorou os seguientes criterios:

  • Orixinalidade e creatividade da composición: Valoración de 0-5
  • Laboriosidade: Valoración de 0-5
  • Uso de materiais reutilizados e ornamentación non floral: Valoración de 0-5
  • Naturalidade (Variedade das plantas utilizadas): Valoración de 0-5
  • Colorido: Valoración de 0-10
  • Perdurabilidade: Valoración de 0-10
  • Calidade ornamental (harmonía e deseño): Valoración de 0-10

1º premio conxunto rural / Concello de Chantada

ÚLTIMAS

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...

O condutor dun camión resultou ferido nunha saída de vía na N-120, á altura de Cereixa

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor das 11:35 horas deste martes,...

Próximas citas de emprendemento e emprego na Ribeira Sacra

A Xornada de Talento Feminino no Rural que se celebrará en Castro Caldelas comezará...

A Conselleira de Medio Rural presenta en Matacás a nova convocatoria de axudas para manter a paisaxe na Ribeira Sacra

No miradoiro das Penas de Matacás, en Castro Caldelas, a Conselleira Maria José Gómez...