HomesociedadeCIG Saúde alerta da situación do servizo de pediatría no Hospital de...

CIG Saúde alerta da situación do servizo de pediatría no Hospital de Monforte

O sindicato pregúntase que ten previsto facer o SERGAS coa pediatría no H.P de Monforte, "xa que faltan 3 prazas por cubrir pola súa mala xestión".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Aseguran desde CIG Saúde que levan meses denunciando a falta de man esquerda da Dirección do centro para negociar con dúas pediatras que collían praza no centro, “estas pediatras finalmente non colleron a praza en Monforte. Despois de falar con Dirección, preferiron quedar sen praza antes que vir traballar aquí”.

Segundo o sindicato, o Hospital de Monforte conta na actualidade con dúas pediatras, unha delas xubílase, o 28 deste mes, co cal quedará unha soa, “Isto é absolutamente inviable. A pediatra que se xublia está vindo a traballar 2 días á semana polo que case todo o traballo recae sobre a outra, que vén facendo entre 9 e 12 gardas o mes, sen librar ao día seguinte e tendo que atender a planta o paritorio, as urxencias e a consulta”.

Califican esta situación de inasumible e esta profesional atópase de baixa, “co cal a pediatría no H.P de Monforte conta cunha pediatra que se xubila o día 28 e outra que está de baixa”.

ÚLTIMAS

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...