O alcalde asegura que deste modo dáse resposta a unha demanda das autoescolas locais que levaban un tempo trasladando a necesidade dunha aula informatizada para desenvolver estas probas e evitar que os aspirantes acabaran tendo que desprazarse a Lugo, “Monforte convértese así no primeiro Concello de Lugo que dota un local con este equipamento para a realización do exame teórico de conducir, xa que actualmente só as instalacións da propia Xefatura Provincial de Tráfico en Lugo contan cun espazo informatizado”.
A aula dará cobertura a todas as autoescolas da zona sur da provincia de Lugo e estará operativa a partir de novembro, sendo o día 17 a primeira data sinalada nese mes para a realización de exames teóricos. O local estará a disposición única e exclusivamente da Xefatura Provincial de Tráfico para a realización das probas teóricas un mínimo de 2 días ao mes e, entre outras vantaxes, os aspirantes obterán so resultados en tan só dúas horas.
O equipamento específico da aula consta de 20 ordenadores para os aspirantes con pantallas táctiles ‘todo-en-uno’ que serán de uso exclusivo da Dirección Xeral de Tráfico e 1 ordenador central para o examinador ou persoa encargada de xestionar a proba teórica, ver os resultados e supervisar que todo funciona correctamente.
“Falamos dunha inversión do Concello de 22.000 euros na adquisición e montaxe de equipos informáticos e todo o mobiliario necesario para a realización dos exames”, explicou o alcalde.