HomesociedadeA UNED de Monforte supera por primeira vez o cento de matrículas

A UNED de Monforte supera por primeira vez o cento de matrículas

A UNED de Monforte dá conta dos “excelentes datos” de matrícula, un récord histórico de participación superando por primeira vez as 100 inscricións no conxunto da súa oferta académica, segundo destacou o rexedor local, José Tomé.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

José Tomé, que tamén ostenta o cargo de presidente da Xunta Reitora da UNED de Lugo, manifestou a súa satisfacción por estes rexistros, que consolidan esta Aula de Monforte como un referente educativo no sur da provincia.

Neste curso 2025-2026 matriculáronse en titulacións de grao un total de 92 alumnos e alumnas, “o dato máis alto desde que hai rexistros”, destaca José Tomé. Este incremento en graos, engade, “supón un crecemento do 28% respecto do curso pasado, no que se matricularon 72 estudantes, o que supón un pulo importante para esta Aula, integrada no Centro da UNED de Lugo”.

No peche de matrícula, a Aula Universitaria de Monforte que coordina a docente, Isabel Cachaldora, hai que sumar ás matrículas en titulacións de grao, as inscricións en micrograos, másteres e cursos de acceso de 25 a 45 anos. Neste cómputo, a matrícula global chega a 102 inscricións, un 20% máis ao pasar das 85 do curso anterior ás 102 actuais. O Alcalde celebra que a Aula de Monforte sexa así o “centro da UNED que máis crece na provincia en termos porcentuais. O incremento da matrícula amosa a confianza do alumnado na UNED e a eficacia das accións de orientación, titoría e apoio que ven desenvolvendo este centro”, apunta o Alcalde.

Demanda e servizos

No que se refire á demanda e ao perfil do alumnado, os graos con maior volume de matrícula son os de Educación Infantil, Psicoloxía, Dereito, Administración e Dirección de Empresas (ADE) e Turismo. En canto ao perfil, desde o centro destacan que se trata dun perfil “moi heteroxéneo”, desde mozos procedentes da ABAU ou de Ciclos Formativos de Grao Superior (CFGS) que acceden por primeira vez a estudos universitarios a través desta modalidade ou alumnos que finalizaron estudos de grao na propia UNED e que deciden continuar a súa traxectoria académica cun novo grao, máster ou micrograo, a persoas de máis de 50 anos que queren ampliar a súa formación.

Tomé recorda “o compromiso do Concello de Monforte coa UNED a través dunha aportación anual de 55.000 euros destinada ao mantemento da aula, á que hai que engadir os gastos das súas instalacións na Casa da Cultura, como electricidade, telecomunicacións e demais servizos”.

Ademais de contar con servicios administrativos (información, realización de matrículas, asesoramento becas, certificacións, carnés de alumno, compulsas…), na Aula Universitaria de Monforte impártense titorías presenciais do Curso de Acceso para maiores de 25 y 45 anos, os graos de Psicoloxía, Educación Social e Educación Infantil e, a través de videoconferencia e online o resto de graos que oferta a UNED (previa petición do alumnado).

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...