Homesociedade51.000€ para cambiar a cuberta da Casa da Cultura de Bóveda

51.000€ para cambiar a cuberta da Casa da Cultura de Bóveda

O Concello de Bóveda vén de iniciar os traballos para acometer o cambio de cuberta na Casa da Cultura, o que vai permitir ter unhas instalacións melloradas. A actuación suporá un investimento de 51.272 euros

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asinaron un convenio de colaboración hai unha meses para a cobertura e reforzo estrutural do Centro Sociocultural do Concello de Bóveda en virtude do cal o departamento autonómico achega o 100% do custo das obras.

Está previsto que os traballos estean rematados nas vindeiras semanas. Trátase, segundo figura no texto do convenio, “das actuacións necesarias” para que o Concello de Bóveda poida seguir ofrecendo unha programación cultural diversa e de calidade dirixida aos veciños e veciñas.

O alcalde, José Manuel Arias recorda que se trata dun edificio que abriu as súas portas a finais dos anos 90 e que presentaba algunhas goteiras, polo que se trata dunha intervención “prioritaria” nun dos espazos públicos municipais máis empregados pola veciñanza.

O Centro Sociocultural de Bóveda é un espazo comunitario onde a maiores da programación cultural se levan a cabo talleres, cursos, actividades, no que está a Biblioteca Pública Municipal e tamén o PAI. “Os traballos na cuberta do edificio van permitir mellorar a calidade interior da edificación”, conclúe o rexedor.

ÚLTIMAS

13 adegas na 43 Feira do Viño de Chantada que se celebra do 6 ao 8 de marzo

Participan da 43 edición da Feira do Viño de Chantada 13 adegas: Adega Lareu...

Dimite a concelleira de Igualdade de Monforte e a súa acta será asumida por Miguel Tomé, fillo do alcalde

A concelleira de Igualdade do Concello de Monforte, Margarita López Rodríguez, presentou a súa...

Nova convocatoria de axudas á natalidade no Concello de Chantada

A convocatoria de axudas á natalidade no Concello de Chantada ten por obxecto beneficiar...

O presidente da Xunta reúnese co alcalde de Sober para valorar proxectos para o municipio

Ambos os mandatarios subliñan a importancia da colaboración do Goberno galego cos concellos, especialmente...