HomesociedadeXa están en Monforte os cinco primeiros menores migrantes que tutelará a...

Xa están en Monforte os cinco primeiros menores migrantes que tutelará a Xunta

Esta semana chegaron a Monforte os cinco primeiros menores migrantes derivados polo Goberno a Galicia e que serán agora tutelados pola Xunta

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A chegada dos menores farase de modo progresivo, de maneira que nesta semana chegaron as 5 primeiras persoas ao edificio que a asociación Prodeme, cedeu no barrio do Malvarón.

Os mozos, duns 17 anos e na súa maioría procedentes de Marrocos, pasaron primeiro pola unidade de primeira acollida situada no municipio pontevedrés de Barro. Espérase que o resto dos menores vaian chegando de forma graduada a un centro xa en pleno funcionamento.

Despois do ataque con cócteles molotov que padeceu o edificio en setembro, foi obxecto dunha reforma para solucionar todos os danos materiais provocados. O remate das obras posibilita que as instalacións estean preparadas para dar servizo a estes menores.

ÚLTIMAS

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...