HomesociedadeFroxán, capital da 'Pisa da Castaña'

Froxán, capital da ‘Pisa da Castaña’

O domingo, 7 de decembro, esta fermosa aldea de Folgoso do Courel celebra a XXVI edición desta senlleira festa etnográfica e gastronómica. A pregoeira será a coñecida actriz galega Mónica Caamaño.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Encetado o mes de decembro, o Courel xa coñece os seus primeiros fríos preinvernais e Froxán comeza a conta atrás para a celebración da Festa da Pisa. Este ano chega á súa XXVI edición e mantén a programación habitual na que cómpre salientar a recreaión do Pisado e Abandoxado tradicional da castaña seca.

A organización corre a cargo da Asociación Fonte do Milagro, unha entidade que demostra ano a ano o seu dinamismo e compromiso con Froxán pero tamén coa súa contorna con diferentes actividades culturais e medioambientais para a recuperación dos montes que arderon nos lumes do ano 2022.

Falamos con Evaristo Méndez, un dos puntais desta entidade, ao que collemos atafegado e “que non dá feito” ante a responsabilidade e apuros dos días previos a un evento tan importante. Dinos que este ano “prevese que haxa un gran ambiente polas reservas feitas” e tamén lembra que a pregoeira será “a actriz Mónica Caamaño“, ademais de contar nesta edición con 22 postos confirmados nos que haberá artesanía e produtos gastronómicos.

PROGRAMA

Ás 11:00 h. terá lugar o Acendido do sequeiro e almorzo dos pisadores.

11:30 h. Mostra e explicación do funcionamento do sequeiro de Froxán.

12:00 h. Demostración do Pisado e Abandoxado.

13:45 h. Pregón a cargo da actriz galega Mónica Caamaño.

13:15 h. Degustación do Menú do Pisador a un prezo de 15 € e composto de castaña cocida, chourizo, panceta e torta de castaña.

Menú do Pisador. Foto; XMF

Xa pola tarde, ás 16:30 h. volverase facer a demostración de Pisado e Abandoxado no que poderán participar aqueles a aquelas que o desexen. Neste momento tamén se farán os sorteos das rifas nas que se repartirán diferentes agasallos.

Dende a organización lembran que haberá servizo de Polbo e Churrasco e unha gran carpa no medio da praza. Así mesmo, animan a levar instrumentos e participar da espontánea foliada que terá lugar á tardiña.

ÚLTIMAS

María José Gómez presenta en Chantada uha convocatoria “histórica” do programa Leader

Durante a visita, a conselleira explicou que proxectos coma o de Efigalia Energy exemplifican...

Seguen os martes de loita polo ensino no CEIP de Sober

Este martes as familias que teñen aos seus fillos/as escolarizados no colexio de Sober...

Este 5 de febreiro preséntase na Casa da Cultura de Chantada, “Todo por hacer” da xornalista Julia Varela

A autora, con máis de dúas décadas en RTVE e coñecida por ser a...

Nevaradas e estradas provinciais pechadas por asolagamentos no sur de Lugo

A Deputación de Lugo vén de informar que mantén cortadas este martes 3 de...