HomesociedadeO CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa...

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

Comezaron esta fin de semana e alongaranse ata o 4 de xaneiro. O programa combina lecer, obradoiros infantís, espectáculos, música en directo e as tradicionais visitas de Papá Noel e os Reis Magos. Ademais, poderase gozar da pista de xeo ata o 25 de xaneiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de actividades para que as familias poidan vivir o Nadal dun xeito dinámico e participativo.

Esta fin de semana comezou xa con movemento, concretamente cunha fantástica actuación de maxia a cargo de David Maestro o sábado 13, e coa programación dun concerto de Nadal a cargo da Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia o domingo 14 ás 19:30 h. Será no segundo andar do Centro Comercial e contará con Zoadeira –-Cantareiras e pandeireteiras–, Cuncas do Son –-Cantos de taberna–, Banda de Música e Cultura de Galicia, BatuKaos –-Grupo de batucada–, Cantagalos –-Música tradicional infantil–.

De cara xa á semana seguinte, salientar que o xoves 18 ás 19:30 h. haberá un ‘Encontro de escritores’ con mesa redonda e presentación; o venres 19 a actividade ‘Pinta e colorea’ que se complementará coa presentación do libro “Lúa y el abrigo mágico”; e o domingo 21 o Torneo Infantil de Xadrez ás 11:00 h.

E meténdonos xa na conta atrás para a Noite Boa, o luns 22 ás 12:00 h terá lugar a actuación do Coro Infantil Universitario ‘Cuquiños’, e o martes 23 o concerto do artista Borja Quintela ás 20:00 h.

O domingo 28 o Centro Comercial encherase de ritmo e ambiente festivo cunha serie de Flashmobs que realizarán dende as 11:00 h membros/as da escola de danza “Estilo Libre”.

OUTRAS ACTIVIDADES

Lembrar que haberá talleres infantís do Club de Ponti os venres, sábados, festivos e vésperas de festivos durante as vacacións escolares, no baixo e en horario de 17:30 a 20:30 h. A Mascota ‘Ponti’ fará aparicións os sábados de 18 a 20:00 h. e o público infantil contará tamén coa Zona Gaming os venres, sábados e días de vacacións de 18:00 a 21:00 h.

Así mesmo, a fantástica Pista de Xeo estará dispoñible ata o 25 de xaneiro en horarios ampliados durante as datas de celebración do Nadal.

PAPÁ NOEL E REIS MAGOS

Papá Noel visita o CC Ponte Vella os días 13,14, 19, 20, 21, 22 e 23 de decembro de 17:00 a 20:00 h. e o 24 de decembro de 11 a 14:00 h.

Os Reis Magos estarán presentes os días 3 e 4 de xaneiro de 17:00 a 20:00 h.

Dende a xerencia do Centro Comercial Ponte Vella destacan que esta programación “reforza a aposta do Centro Comercial por ofrecer actividades variadas e de calidade, capaces de atraer e entreter a veciños e visitantes durante unha das épocas máis especiais do ano”; e lembran que as tendas permanecerán abertas os domingos do mes de decembro e o primeiro de xaneiro.

ÚLTIMAS

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...