HomesociedadePróximas citas de emprendemento e emprego na Ribeira Sacra

Próximas citas de emprendemento e emprego na Ribeira Sacra

O Castelo de Castro Caldelas acolle este 14 de xaneiro desde as 10:00h, a Xornada de Talento Feminino no Rural, que organizan a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next e Empresarias Galicia. O 22 de xaneiro, ás 11:00h, terá lugar o primeiro encontro deste ano do Clube de Emprendemento Ribeira. 

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xornada de Talento Feminino no Rural que se celebrará en Castro Caldelas comezará ás 10:00h coa benvida e presentación da Xornada por parte da alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega Núñez; a presidenta de Empresarias Galicia, Susana Pérez Iglesias e a vicepresidenta de Ribeira Sacra Next, Marisol Borrajo Lorenzo.

Na mesa de debate da Xornada exporán a súa experiencia como mulleres emprendedoras desde e para o rural:

  • Sandra Viñas Diz, CEO de Mare Monte con sede en Sanxenxo, destinada ao cultivo ecolóxico de cogomelos, fábrica de conservas e patés. A empresa recibía este verán o Premio BBVA aos Mellores Produtores Sostibles. Empresa de construcción do seu pobo, labores en multiples asociación empresariais e femininas.
  • Olalla Cuiña Gómez, presidenta do Consello de Administración do grupo empresarial da familia Cuiña, con sede en Lalín. O grupo con firmas como Inasus SL, Metaldeza e Eliper Group SL, ocupa a máis de 300 traballadores.
  • Elisa Fernández Ferreiro, educadora e consultora financieira. Desde San Xoán de Río acompaña a persoas e Pemes que queren ter máis claridade e tranquilidade no seu futuro financieiro.
  • Lucía López Sobrado, de Gandaría Puluán en Monforte de Lemos. Lucía formouse en veterinaria para aportar máis valor á empresa familiar, que desde fai 3 anos tamén transforma en queixo a produción das máis de 140 vacas da explotación.
  • Raquel Estévez Rodríguez, auxiliar de enfermaría que no 2018 poñía a andar en Monforte de Lemos o centro de día Vida, con 40 prazas para a atención a persoas maiores e con discapacidade.
  • Pilar Díaz Vázquez, xerente de Casa dos Muros. Unha casa de turismo rural que comezou a funcionar en Pantón no 2000 e que reinventa a oferta turística con xogos de escapismo.

A actividade está aberta a todas as persoas interesadas.

Xa o vindeiro xoves 22 de xaneiro, ás 11:00h, terá lugar o primeiro encontro do Clube de Emprendemento Ribeira 2026. Un espazo de encontro pensado para persoas emprendedoras, empresas, entidades sociais e todas aquelas persoas que apostan polo emprendemento como motor de dinamización rural na comarca. Esta actividad enmárcanse no proxecto Comunidades de Emprego e Emprendemento rural sostible, cofinanciado por FSE+ e a Fundación MAPFRE.

A cita levarase a cabo en “Las Agujas de Su” Rua Comercio, 4 baixo (Monforte) ás 11:00h, previa inscrición en: I Reunión do Clube de Emprendemento Ribeira Sacra 2026 : Rellenar formulario

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...