HomesociedadeQuiroga presume dos datos turísticos que deixa o 2025

Quiroga presume dos datos turísticos que deixa o 2025

O concello quirogués ven de facer o reconto das visitas recibidas durante o pasado ano e increméntanse todas as estatísticas turísticas. Destacan o incremento dun milleiro de visitantes no Museo Etnográfico e o posicionamento do mes de outubro como o de máis visitas tras xullo e agosto, o que fai do outono nas montañas quiroguesas e no Xeoparque Montañas do Courel, un reclamo para os visitantes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os museos tamén aumentan as visitas ás instalacións, destacando especialmente o Museo Etnográfico que pasa de 2.873 no ano 2024 a 3.794, no 2025; practicamente un milleiro máis de visitantes. No cómputo anual de visitas aos museos roldáronse as 7.500; e si facemos o cómputo dende a súa apertura -o Etnográfico no 2007 e o Xeolóxico no 2011-, sobrepasan longamente ás 71.000 visitas. Tamén o Centro de Interpretación da Música de Raíz da Fundación Legar rexistrou sobre 2.000 visitas no seu primeiro ano de funcionamento.

Das preto de 5.000 persoas que se achegaron no pasado ano pola Oficina de Turismo demandando información nesta oficina ao longo do pasado ano, a maioría procedía de Galicia, seguidas de Madrid, Barcelona, Valencia e Euskadi e en menor medida de Asturias, Cantabria e de fóra de España. Demandan información en xeral, e de natureza, rutas e sendeirismo, destacando o Camiño de Inverno.

Miradoiro de Campodola-Leixazós / turismo.gal

O concello destaca os datos que se obteñen do Instituto Nacional de Estatística (INE) ao medir o turismo interno interprovincial a partir da posición dos teléfonos móbiles. Non todas as persoas que se achegan a Quiroga visitan os seus museos nin acoden á Oficina de Turismo, pero a práctica totalidade levan o seu teléfono móbil, aquí obtense a cifra de 31.050 persoas que estiveron en Quiroga dende xaneiro a setembro do 2025. Cos datos de todo o ano esperan superar amplamente a cifra de 41.508 persoas que se achegaron ata Quiroga no 2024.

Asegura desde o concello de Quiroga que cunha poboación de 3.000 habitantes, “Quiroga está de moda como concello do interior de Galicia. Como porta de entrada á Ribeira Sacra, formando parte do Xeoparque Montañas do Courel, incluído no Camiño de Inverno a Santiago (con 2.758 peregrinos contabilizados pola Oficina do Peregrino durante o pasado ano), con festas de Interese Turístico, rutas adaptadas a todos os  camiñantes (oito delas homologadas), e citas culturais, gastronómicas e deportivas que reúnen a milleiros de persoas; sen esquecer o seu pasado ligado ao nacemento de Galicia, aos romanos e a Encomenda de San Xoán de Xerusalén; ten todos os ingredientes para estar de moda”.

Museo Xeolóxico de Quiroga. Fonte: turismo.deputacion.lugo.gal

Por outra banda a páxina Web do Concello de Quiroga recibiu durante o 2025, 57.623 visitas, o Facebook do Xeoparque Montañas do Courel recibiu máis dun millón e o Facebook propio do Concello de Quiroga contabilizou preto de tres millóns de visualizacións (2.906.227). Ante estes datos as áreas de Cultura e Turismo, cos seus responsables, José Luis Rivera e Vicente Parra respectivamente, amosaron a súa satisfacción ante este avance positivo en canto ao número de visitantes no municipio e afirman que dende o Concello de Quiroga seguirase traballando para potenciar os recursos turísticos.

ÚLTIMAS

Carmela López, nova presidenta da Deputación de Lugo: “Asumo esta presidencia desde a igualdade”

A deputada provincial e alcaldesa de Burela, Carmela López Moreno, foi elixida presidenta da...

Empresarias reivindican a súa voz e acción para mellorar a situación socioeconómica da Ribeira Sacra

O encontro de Talento Feminino no Rural que tivo lugar no Castelo de Castro...

Un morto tras chocar un camión e unha furgoneta en Sarria

O condutor dunha furgoneta faleceu nunha colisión frontal contra un camión na estrada LU-633,...