HomesociedadeA igualdade traballada dende o 'teatro interxeracional' en Pantón

A igualdade traballada dende o ‘teatro interxeracional’ en Pantón

A actividade presentarase este xoves, 29 de xaneiro, entre as 18:00 e as 20:00 horas no Salón de Actos do Edificio Sociocultural do Concello de Pantón. Por outra banda, a actividade "Por que nos xuntamos os homes?" retomarase o 3 de febreiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Pantón organiza dentro das actividades do Pacto de Estado contra a violencia de xénero un Obradoiro de Teatro Interxeracional que busca traballar a igualdade desde o teatro.

O obradoiro, aberto a todas as idades, consta de 10 sesións de 2 horas nas que as persoas participantes construirán unha peza curta de teatro sobre a violencia de xénero para rematar cun teatro foro, formato no que o público pode participar entrando en escena e propoñer cambios no guión. O teatro foro é a máis coñecida das técnicas do Teatro do Oprimido, unha concepción teatral desenvolvida nos anos 60 e 70 polo dramaturgo brasileño Augusto Boal e inspirada na pedagoxía de Paulo Freire que sitúa ao educador e ao educando nun plano de igualdade.

PRESENTACIÓN

A presentación da actividade será o día 29 de xaneiro ás 18:00 h. momento no que se valorarán as preferencias das persoas interesadas para adaptar os horarios das sesións. Durante os talleres coñeceranse técnicas de improvisación teatral ao tempo que se aborda a violencia de xénero e estratexias para combatela, convertido o grupo de teatro nun espazo seguro para poder expresarse sen medo.

Con todo, dende o concello explican que “o obxectivo último é establecer novas canles de diálogo coa veciñanza e crear  espazos para xogar e construír comunidade”. As persoas interesadas poden inscribirse a través do correo educadorfamiliarpanton@gmail.com.

NOVO ENCONTRO DA ACTIVIDADE “POR QUE NOS XUNTAMOS OS HOMES?”

A actividade, que comezou a súa andaina en novembro dentro das actividades do 25N, está formulada como espazo de encontro e coidado para que os homes participantes poidan intercambiar inquedanzas sobre o seu papel nos contextos actuais e o seu compromiso para unha igualdade real.

O terceiro encontro, no que se falará sobre masculinidades, está programada para o martes 3 de febreiro ás 20:00 h. no Edificio Sociocultural de Pantón.

ÚLTIMAS

O ‘Bóveda Slam Poetry’ muda de nome e de localización

A entidade cultural Kulturnavila, promotora do "Bóveda Slam Poetry", comunica un cambio de localidade...

Tomé celebra que Monforte leva 12 anos consecutivos sen subir taxas e impostos municipais

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou este venres, que por duodécimo ano...

Máis de 200 deportistas no III Ciclocros Concello de Taboada que se celebra este 25 de outubro

A proba, organizada polo CC Chantadino coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo,...

Sober abre este 24 de outubro o ciclo Música no Outono con Hava Dúo

O dúo de trombón e acordeón ofrece unha viaxe sonora por distintas épocas e...