A alcaldesa de Samos, Chus López, e a presidenta da SGPF, Isabel Gómez, abriron o encontro, que se centrou na gandaría de vacún, coa exposición de experiencias de gandaría a tempo parcial como a de Diego Lopez Vila, que conta cunha gandería de carne en San Cristovo de Louzara, en Samos, ou Gutier Salgado, que se dedica ao cebo de bois en Torneiros, en Pol.
Desde unha perspectiva máis técnica, abordouse o cebo de animais adultos, con intervencións de Teresa Moreno, investigadora do CIAM, do enxeñeiro agrónomo Santiago Crecente ou o veterinario José Manuel López Préstamo.
Afondouse tamén nas novas posibilidades que ofrecen os cercados virtuais e a dixitalización no pastoreo extensivo e no mercado das carnes de calidade.

