- Advertisement -
Este martes as familias que teñen aos seus fillos/as escolarizados no colexio de Sober volveron a concentrarse para protestar polo incumprimento das ratios no centro. Insisten en que así seguirán cada martes ata que envíen o mestre a maiores que corresponde.
As familias que ven como a calidade do ensino que reciben seus fillos está afectada pola falta do profesorado necesario lamentan que “a Consellería continúe incumprindo o acordo de baixada das ratios”.

