HomesociedadeA pregoeira da Festa do Caldo de Ósos de Taboada enxalza as...

A pregoeira da Festa do Caldo de Ósos de Taboada enxalza as súas propiedades curativas, “Estamos mellor ca nunca”

O pregón desta XXXIV edición correu por conta de Mercedes Vázquez, orientadora, mestra e promotora de Televinte e Canle Ribeira Sacra, que repasou a súa vinculación con Taboada desde as súas distintas facetas profesionais e fixo historia da festa e do seu significado.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Mercedes Vázquez lembrou como a iniciativa naceu da asociación cultural O Carballo e pronto se fixou como data de celebración o domingo de entroido. A pregoira eloxiou o prato protagonista, “Unha boa pota de caldo de ósos na cociña espanta a fame. Rico, saludable, enxebre, unha resposta universal de aproveitamento do porco”. Repasou as súas propiedades beneficiosas para a saúde con coláxeno e minerais e insistiu en que ofrecer un prato de caldo en Taboada significa familiaridade e compartir un pedazo de quen somos, “A cociña foi sempre un espazo de encontro e desexo que o siga sendo. Se o caldo é de Taboada xamais o vas esquecer, que viva o caldo de osos!”. Despois chegaría o momento da degustación do Caldo de Ósos.

Desde o concello, o alcalde, Roi Rigueira, agradecía o traballo de todas as persoas que traballan nesta celebración, particularmente ao gremio da hostalaría e aseguraba que a Festa é o recoñecemento ás mans que fan posible este prato, “O Caldo de Ósos fala de quen somos, de onde vimos e do orgullo do noso. De alimento do inverno convertiuse no maior símbolo da nosa identidade”.

O tte de alcalde, José Portela, tamén se referiu ao caldo de ósos como memoria viva, “a nosa identidade servida nun prato” e anunciou que se traballa na remodelación do campo da feira para poder integralo no futuro coa praza de Riazón, escenario principal da celebración.

Ademais do numeroso público que acudiu a desfrutar do caldo e das distintas actividades culturais que se desenvolveron ao longo da xornada, tamén participaron diferentes autoridades, representación dos concellos da contorna, a Conselleira do Medio Rural, María José Gómez e Presidenta da Deputación Provincial, Carmela López, que resaltou que “esta é unha das citas gastronómicas máis consolidadas da provincia; o caldo de ósos que aquí se elabora destaca pola súa calidade e polo seu sabor, pero tamén pola historia que leva detrás. Un prato estrela que pasou de xeración a xeración conservando un patrimonio que transcende ao ámbito culinario”.

A celebración contou cun mercado de produtos de artesanía con demostracións en vivo; feira de razas autóctonas, actividades lúdicas e culturais, desfile de folións e cabezudos da Asociación Cultural Rechouchíos de Taboada; degustacións; concertos e obradoiros infantís.

Pta Deputación visita Caldo de Ósos 2026 / Deputación Provincial

ÚLTIMAS

Medio Rural destaca as agrupacións forestais de xestión conxunta para evitar o abandono do monte

A conselleira que tamén estivo acompañada polo alcalde do Incio, Héctor Manuel Corujo, destacou...

O BNG de Pantón reclama ao Congreso solucións á situación de Santo Estevo do Sil

Desde o BNG consideran necesario solucionar os accesos a Santo Estevo do Sil e...

Monforte espera un gran Desfile de Martes de Entroido tras confirmar 1.296 inscritos

O Alcalde de Monforte de Lemos vén de anunciar, tras pechar o prazo de...

“Xente que veu tocar a Sober hoxe está en orquestras europeas ou americanas de primeiro orde”, Luis Fernández Guitián

Luis Fernández Guitián é profesor de clarinete. Estudou no Conservatorio de Ourense, despois fixo...