HomesociedadeCompleto programa para exaltar o aceite de Quiroga os días 14 e...

Completo programa para exaltar o aceite de Quiroga os días 14 e 15 de marzo

A XXVI edición da Mostra do Aceite de Quiroga, cita de Interese Turístico de Galicia, que se celebrará os días 14 e 15 de marzo, vén de pechar o seu programa de actividades. Da comisión organizadora participan o rexedor local, José Luís Rivera, produtores de aceite e técnicos municipais e o primeiro embaixador do aceite quirogués, o Chef Kike Piñeiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O sábado, 14 de marzo, a mostra abrirase co “III Congreso arredor do Aceite de Oliva de Quiroga”. No Auditorio Municipal comezarán ás 17:00h os relatorios deste congreso que abrirá o Enxeñeiro Agrónomo de Bodegas Gómez Sanmartín, José Manuel Gómez Sanmartín, falando sobre a “Casuística das explotacións de oliveiras en Galicia”. Sobre a “biotecnoloxía aplicada á produción de oliveiras autóctonas” centrará a súa disertación Marga Fraga Ares, licenciada en química ambiental e Directora Técnica da Fundación Paideia Galiza (CULTIGAR). A seguinte en intervir será Beatriz Cancho Grande, Catedrática da Universidade de Vigo na Facultade de Ciencias de Ourense, que se centrará na “Valoración do potencial antidiabético dos aceites de oliva galegos”.

A xornada do sábado pecharase coa cea cóctel “Os sabores que medran aquí”, para degustar pratos elaborados polos Chefs Eloy Cancela e Kike Piñeiro, do restaurante “A Horta do Obradoiro” e Iván Méndez de Tabalu Food&Tech. Para participar nesta cea cóctel, que estará amenizada polo violinista Marcos Valcárcel, é preciso retirar previamente a entrada na Oficina de Turismo da Casa da Cultura.

O domingo, 15 de marzo, dobre localización para a Mostra do Aceite. Os postos de venda situados na praza do Auditorio Municipal abrirán ás 11:00h. Estará a venda o AOVE de Quiroga elaborado polos colleiteiros: Jesús Bao Mondelo, Jesús Arias Rodríguez, Aceiroga, Ouro de Quiroga, Pedro Soto Losada, Val de Quiroga e Cento x Cento.

Durante toda a mañá tamén funcionará o Muíño de Aceite de Bendilló, para que os visitantes poidan ver a elaboración tradicional do aceite. Para facilitar o desprazamento ata o muíño sairán autobuses gratuítos (ás 11:00 ás 12:00 e ás 13:00h.) dende a praza do Auditorio ata o lugar das Farrapas, lugar no que se sitúa o muíño no que se farán demostracións de como se realizaba artesanalmente a moenda das olivas ata obter o prezado aceite.

Realizaranse dúas degustacións comentadas dos aceites participantes na mostra na sala de catas do Museo Etnográfico. Para participar nestas catas que serán ás 12:30 e ás 16:30 é preciso retirar previamente entradas que estarán á venda no recinto feiral.

As 13:30h nomearase ao Embaixador do Aceite de Quiroga, o Chef Javier Olleros do Restaurante Culler de Pau (O Grove), posuidor de dúas estrelas Michelin. Unha vez rematado o acto de homenaxe o propio Chef realizará unha demostración de cociña cos aceites de Quiroga como protagonistas. As entradas para degustar os pinchos estarán á venda na Oficina de Turismo.

Non faltará a música no recinto feiral desta XXVI Mostra do Aceite de Quiroga co grupo de música e danza tradicional “Asociación Cultural Peleriños”, de Sarria. Coincidindo coa Mostra do Aceite, na entrada do auditorio municipal poderase ver a 1ª Exposición de Camelias en Quiroga, unha iniciativa de José Ramón Teixeira, destacado coleccionista e cultivador galego de camelia.

ÚLTIMAS

Comeza o estendido do aglomerado na estrada que une Ferreira e Currelos

A institución provincial inviste nestas obras 118.000€. Executa as actuacións a empresa FEVISA Vía...

Charla informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Centro Cívico de Monforte

Con esta actividade, o Concello de Monforte quere ofrecer información e asesoramento técnico especializado...

Monforte anuncia corte na subministración de auga este 21 de abril no Polígono Reboredo, Piñeira e Distriz

O motivo deste corte é a realización de obras na rede de tubaxes co...

CV Ciudad de A Coruña gaña o Campionato Galego de Volei Feminino Cadete que se celebrou en Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel...