Homesociedade13 adegas na 43 Feira do Viño de Chantada que se celebra...

13 adegas na 43 Feira do Viño de Chantada que se celebra do 6 ao 8 de marzo

O Concello de Chantada presentaba este martes a programación da XLIII Feira do Viño de Chantada, que terá lugar do 6 ao 8 de marzo. Segundo lembraba o concelleiro de Cultura de Chantada, Manuel Diéguez Carballo, “a Feira celébrase o segundo domingo de marzo. Esperamos que esa fin de semana a climatoloxía acompañe para poder abrir as celebracións das feiras do viño na D.O. Ribeira Sacra”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Participan da 43 edición da Feira do Viño de Chantada 13 adegas: Adega Lareu Sabatelivs, Adegas e Viñedos Vía Romana, Adega Amedo, Adega Condado de Sequeiras, Adega Albarduxe, Adega Cabo do Mundo, Adega Pilares de Belesar, Adega Instinto Romano, Adega Castrofiz, Adega Os Cipreses, Adega Enonatur, Adega Calexotes e Adega Teijeiro Lemos.

A cita desenvolverase, como é habitual, na carpa instalada na Avda. de Monforte á altura da Praza de Galicia. Os postos de viño abrirán o venres ás 20:00h e estarán abertos durante a fin de semana. “O formato está consolidado e funciona, polo que seguimos un programa continuista con algunhas novidades. Segue tendo un importante protagonismo a música tradicional e local e este ano a actuación da Agrupación Tradicional da Casa da Música de Chantada que reúne a 60 persoas entre músicos e bailaríns, trasládase ao venres ás 20:30h. Xa o sábado pola mañá será a tradicional cita coa Banda de Música de Chantada e o domingo coa Banda de Gaitas. Como novidade, a cata popular celebrarase Auditorio Municipal.”, explicaba Manuel Diéguez Carballo.

Esta 43 edición terá como pregoeiro, o domingo ás 13:00h. ao humorista, actor e presentador da TVG, Roberto Vilar Fernández. Nesa xornada, 10 minutos antes lerase o manifesto do 8M, Día Internacional da Muller.

Programa XLIII Feira do Viño de Chantada

Venres 6 de marzo

  • 20:00h Apertura de casetas das adegas participantes.
  • 20:30h Actuación Agrupación Tradicional da Casa dá Música
  • 23:30h Grupo Assia.

Sábado, 7 de marzo

  • 10:00h Cata oficial da XLIII Feira do Viño de Chantada no Auditorio Municipal
  • De 11:30h a 14:00h y de 18:00h a 20:30h Cata popular no Auditorio Municipal
  • 11:30h Actuación de Searas e Os Barrios
  • 13:00h Concerto da Banda de Música de Chantada
  • 17:00h Actuacións das charangas Unión Phenosa e Louband
  • De 21:30 a 3:30h. Orquestras Compostela e Solara

Domingo, 8 de marzo

  • 11:30h Actuación da Agrupación Castro Candaz
  • 12:00h Charanga NBA.
  • 12:30h Banda de Gaitas do Concello de Chantada.
  • 12:50h Lectura Manifesto 8M
  • 13:00h Pregón da XLIII Feira do Viño a cargo de Roberto Vilar Fernández
  • 13:30h Entrega de premios da XLIII Feira do Viño de Chantada no palco da carpa principal.
  • 16:30h Charanga NBA
  • 16:30h Charanga Bandiños Band
  • 21:00h Orquestra Saudade

Para os profesionais do sector, a sala principal do Auditorio Municipal acolle o VI Túnel do Viño de Chantada. A proposta desenvolverase durante a fin de semana en horario de 11.30 a 14:00 e de 18:00 a 20:30, cun prezo de 10,00€ para a entrada.

A programación da Feira conta con actividades infantís gratuítas na Ocioteca Infantil para maiores de tres anos, que se desenvolverá na Casa da Música. Os talleres a cargo de Velaísca terán horario de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 durante o sábado e o domingo.

Coincidindo coa Feira do Viño celebrarase a XVII edición da Feira de Oportunidades e a XVI Mostra de Produtos de Artesanía, que organiza a Asociación de Empresarios de Chantada CCA Ribeira Sacra coa colaboración do Concello.

Manuel Diéguez Carballo que estivo acompañado durante a presentación por representantes da comisión organizadora e das adegas participantes fixo un chamamento a gozar destes tres días de Feira do Viño, “Unha cita que estará dedicada a José María Gómez de Tojeiro (Chemari) polo seu traballo en favor da Feira e da propia Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Esta será unha feira diferente porque el non vai estar”, lembraba o concelleiro de cultura de Chantada.

ÚLTIMAS

Dimite a concelleira de Igualdade de Monforte e a súa acta será asumida por Miguel Tomé, fillo do alcalde

A concelleira de Igualdade do Concello de Monforte, Margarita López Rodríguez, presentou a súa...

Nova convocatoria de axudas á natalidade no Concello de Chantada

A convocatoria de axudas á natalidade no Concello de Chantada ten por obxecto beneficiar...

O presidente da Xunta reúnese co alcalde de Sober para valorar proxectos para o municipio

Ambos os mandatarios subliñan a importancia da colaboración do Goberno galego cos concellos, especialmente...

O Circuíto Comarcal de Carreiras de Cros Escolar comeza en Sober o 1 de marzo

Nesta edición participan 4 concellos co seguinte calendario: Sober, domingo, 1 de marzo Carballedo, venres, 13...