HomesociedadeO pleno de Quiroga aproba por unanimidade o 23 de febreiro como...

O pleno de Quiroga aproba por unanimidade o 23 de febreiro como Día de Rosalía

A Corporación Municipal acordou por unanimidade aprobar no Concello de Quiroga declarar o 23 de febreiro como Día de Rosalía. Esta declaración implicaría emprender e apoiar a realización de actividades de promoción da figura e a obra da escritora que impliquen ao conxunto dos veciños e veciñas do noso concello o 23 de febreiro ou en datas achegadas a esta.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A declaración tamén incluiría a realización dunha lectura pública da obra rosaliana nun lugar destacado do concello na que o alumnado dos centros escolares e persoas destacadas pola súa actividade cultural teñan o papel protagonista.

Esta declaración, solicitada dende o Equipo de Goberno, ben sustentada na importancia que a escritora galega Rosalía de Castro tivo e ten en Galicia. Por entender que a difusión do coñecemento da súa figura, a súa obra e o seu pensamento é necesario para que as quiroguesas e os quirogueses, en especial as xeracións máis novas, sexan conscientes de que a súa palabra feita poesía ou prosa foi e será un dos procedementos máis eficaces para fomentar a igualdade, o amor á nosa lingua e comprender a nosa identidade cultural.

O 23 de febreiro é, segundo se destaca na moción presentada en pleno, unha ocasión inmellorable para difundir a figura, obra e pensamento de quen non dubidou en exhibir o orgullo de quen somos, reclamar o recoñecemento da nosa lingua como expresión xenuína do pobo galego, mostrar a valentía de denunciar as discriminación das mulleres e apostar por unha sociedade libre e igualitaria.

ÚLTIMAS

O IES Río Cabe de Monforte faise co 2º e o 3º posto na fase final do Parlamento Xove

A categoría de ESO formárona Estefanía Fernández Muñoz, Verónica Caplea, África Guitián García e...

Graduación do alumnado de Formación Profesional no IES Francisco Daviña Rey

Durante o acto de graduación celebrado no IES Francisco Daviña Rey tivo lugar a...

Pantón ten prazo de inscrición aberto para os Campamentos de Verán e presenta a programación cultural da época estival

O Concello de Pantón presenta as actividades que a Concellaría de Cultura programa para...

O delegado do Goberno en Galicia destaca en Sarria o funcionamento da campaña “Non Camiñas Soa”

A campaña lévase a cabo desde o ano 2021 para reforzar a protección das...