HomesociedadeIrmandamento entre a Feira do Viño de Amandi e a Festa da...

Irmandamento entre a Feira do Viño de Amandi e a Festa da Filloa de Muimenta

O acto tivo lugar na Escola de Hostalería de Rosende e pretende ampliar a difusión das dúas 'Festas de Interese Turístico de Galicia'.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sober aproveita a conta atrás da Feira do Viño de Amandi para seguir promocionándoa. Nesta ocasión, fíxoo a través dun irmandamento coa Festa da Filloa de Muimenta (Concello de Cospeito). As dúas celebracións contan coa distinción de Festas de Interese Turístico de Galicia polo que, enténdese que este acto axudará a aumentar a repercusión dos dous senlleiros eventos da provincia de Lugo. Sober festexará os días 27, 28 e 29 de marzo, e Muimenta o 1 de maio.

No acto de irmandamento, que tivo lugar o pasado 11 de marzo na Escola de Hostalería de Rosenda, participaron dúas filloeiras de Muimenta e persoal da propia escola. Tamén estiveron presentes o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, e o presidente da Asociación de Empresarios de Muimenta, José Manuel Rus. Ambos puxeron en valor esta nova liña de colaboración que vai permitir “relanzar estes dous eventos en zonas nas que son menos coñecidos”. O alcalde de Sober animouse, incluso, a facer algunha filloa.

Luis Guitián facendo unha filloa. Foto: Prensa Concello de Sober.
MARIDAXE DA FILLOA CO VIÑO DE AMANDI

As filloas de Muimenta, caracterizadas por ser salgadas e ter forma cadrada, tiveron ocasión de maridar cos viños de Amandi grazas á colaboración das dúas mulleres filloeiras de Muimenta e do alumnado da Escola de Hostalería de Rosende.

Este particular equipo de cociñeiros e cociñeiras demostraron que ambos produtos combinan ben presentando as seguintes elaboracións: filloa rechea de pera ao viño de Amandi, filloa con mousse de chantillí e brownie de chocolate, e saquiño de filloa con arroz con leite.  

Facendo filloas de Muimenta / Concello de Sober.

ÚLTIMAS

Courel Vivo leva a pleno actuar con urxencia ante as mimosas

A formación política lembra varias actuacións illadas, maioritariamente de voluntariado e asegura que desde...

Destinos no sur lucense no programa ‘Coñece a túa provincia’

O programa da Deputación Coñece a túa provincia está permitindo esta semana que unhas...

As Comadres das Letras preséntanse este 16 de abril no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Varias representantes de "As Comadres das Letras" presentarán o seu colectivo de escrita cun...

A candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade preséntase na Comisión de Industria como “proxecto de país”

Acompañado polo director xeral de Patrimonio Cultura, Ángel Miramontes, o titular de Cultura da...