HomesociedadeA Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural reuniuse esta semana cos rexedores destes municipios para avanzar na súa colaboración conxunta. Destacou que dende o ano 2019 a Consellería destinou algo máis de 845.500 euros para executar labores preventivas en Folgoso do Courel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse esta semana coa alcaldesa do concello de Folgoso do Courel, Dolores Castro, con quen avaliou diferentes vías de colaboración conxuntas para impulsar o desenvolvemento rural no municipio. Neste sentido, ao abeiro do Plan Camiña rural, esta localidade recibiu unha achega de preto de 60.000 euros.

A maiores, na xuntanza abordáronse cuestións vencelladas coa prevención de incendios forestais. Así, Gómez sinalou que dende o ano 2019 a Consellería destinou algo máis de 845.500 euros para executar labores preventivas neste municipio. Dentro deste tipo de traballos destacan as actuacións en cortalumes, pistas forestais, depósitos de auga ou tratamentos silvícolas, entre outros.

Posteriormente, María José Gómez mantivo un encontro co rexedor do municipio de Pantón, José Luis Álvarez, con quen estudou a posibilidade de implementar melloras nas infraestruturas rurais do concello. Ao abeiro do Plan Camiña Rural 2025-2026, Pantón recibiu unha achega de 89.676 euros para arranxar camiños de titularidade municipal. Este tipo actuacións redundan de xeito moi beneficioso na mobilidade dos veciños destas contornas e, ao mesmo tempo, facilitan o transporte dos produtos agroalimentarios que se producen na zona.

Reunión incendios Medio Rural e concello Folgoso do Courel / Consellería Medio Rural

ÚLTIMAS

‘Bolsas Pintor de Castinandi’ para participar nun taller fotográfico en Sober

O Concello de Sober convocou tres Bolsas Culturais Internacionais ‘Pintor de Castinandi’ para este...

O centro de día de Quiroga celebra as Letras Galegas elaborando un libro sobre Begoña Caamaño

O traballo fai un repaso pola súa obra literaria, o seu traballo xornalístico e...

O Concello de Chantada anuncia a urbanización de 2.500m2 na vila coa apertura de novos viais e a creación de zonas verdes

Na rúa Concepción Arenal, o concello adquiriu a finais do ano pasado dúas parcelas...

Poxa de novelas de rubia galega en Seoane do Courel

A poxa estivo organizada pola Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de...