HomesociedadeO Concello de Monforte incentiva o concurso de Maios e Coplas con...

O Concello de Monforte incentiva o concurso de Maios e Coplas con 1.900 € en premios

O prazo para inscricións está xa aberto e estenderase ata o vindeiro 4 de maio, mentres que as bases non se coñecerán ata o 27 de abril.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O Concello de Monforte prepárase para a súa cita cunha das tradicións primaverais que se está a recuperar dende hai uns anos na cidade: Os Maios. Para preservala convova un novo Concurso de Maios e Coplas, evento que se celebrará o vindeiro 7 de maio a partir das 17.30 horas na Praza de España. A participación no certame está aberta a toda a veciñanza do concello, podendo facer a inscrición de xeito particular ou colectivo e sempre a través do Rexistro Xeral do Concello.

O Alcalde, José Tomé, convida á veciñanza a “participar nesta celebración tradicional que festexa a entrada da primavera coa lectura de coplas e a composición de montaxes florais e vexetais nas que os monfortinos e monfortinas veñen demostrando a súa orixinalidade e gran creatividade”.

O Pote de facer a augardente, obra do Centro de Día / XdL
PARTICIPACIÓN E CELEBRACIÓN

As bases do concurso aprobaranse o 27 de abril, aínda que o prazo para a presentación de solicitudes xa está aberto e finaliza o luns, 4 de maio, ás 14.00 horas.

A celebración terá o seu espazo central na Praza de España, onde se concentrarán os maios tras percorrer as rúas da cidade libremente. No concurso, que conta cunha partida de 1.905 €, destinaranse 1.500 € aos mellores maios, e 405 € ás mellores Coplas.

DESENVOLVEMENTO DO CONCURSO

OS MAIOS

No caso dos Maios haberá dúas modalidades, unha para Maios confeccionados por asociacións, colectivos e particulares, e outra dirixida especificamente a Maios creados polos Centros de Ensino. O xurado valorará a imaxinación, a idea, a estética, a orixinalidade, a elaboración das pezas, os materiais utilizados, e a calidade.

Por cada modalidade haberá un primeiro, un segundo e un terceiro premio e un máximo de seis accésits coas seguintes contías económicas: 1º premio 200 €, 2º premio 150 €, 3º premio 100 €, Accésits 75 €.

AS COPLAS

Neste caso, os membros do xurado valorarán a interpretación das coplas, a posta en escena, a imaxinación, a idea, a orixinalidade, os instrumentos musicais utilizados e o número de compoñentes.

No referente aos premios, establécese un primeiro, un segundo e un terceiro, ademais dun máximo de seis accésits para unha única categoría, coas seguintes contías económicas: 1º premio 100 €, 2º premio 75 €, 3º premio 50 €, Accésits 30€.

ÚLTIMAS

Comezo do ‘Marida Maio 2026’

O 'Marida Maio', evento que conta co patrocinio da Deputación de Lugo, fai posible...

Este 16 de maio comeza o “Descubrir Quiroga” percorrendo o Camiño de Inverno

Este xoves o concello de Quiroga presentaba o programa que comeza xa coa súa...

En marcha as obras da estrada provincial que une Chantada e Os Peares

A actuación permitirá acondicionar un total de 23 quilómetros de vía, concretamente entre os...

O Concello de Chantada mellora a limpeza das beirarrúas

O Concello de Chantada a través da concellaría de Infraestruturas Urbanas coordina o comezo...