HomesociedadeBendición de Roscas para comezar o día grande das festas de San...

Bendición de Roscas para comezar o día grande das festas de San Antonio, en Monforte

Será ás 9:00 h e despois procederase á súa venda onde a Igrexa de San Antonio e a Praza de Santa Clara. Ao longo do día moita animación musical e gran verbena.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Gran ambiente no comezo de Festas do barrio de San Antonio de Monforte. A verbena do xoves 11 e a programación do pasado venres 12 encheron de música e de xente este recuncho da cidade. Ademais, e como detalle a salientar, a comisión de festas decidiu que as atraccións apagasen a música e reduciran os estímulos sonoros e luminosos durante dúas horas como medida de inclusión para que a diversión chegara a todos os nenos e nenas. Foi das 18 ás 20:00 h creando “un espazo especialmente pensado para os nenos con espectro autista (TEA), hipersensibilidde auditiva ou calquera outra necesidade especial para que poideran gozar das atraccións con tranquilidade, seguridade e un gran sorriso”, comentaban os organizadores.

Orquestra Marbella, na verbena do xoves 11 de xuño. Foto: Orquestra Marbella.
FIN DE SEMANA

Este sábado 13 comeza o día grande, e faino coa bendición das tradicionais Roscas feitas no forno da Panadería Moure onde a igrexa de San Antonio e Praza de Santa Clara. A partir das 9 da mañá para a continuación deixarse levar pola alborada musical da Charanga NBA e Os Xograres de Lemos. Ás 12:30 h. misa e procesión e despois degustación de viños coas autoridades.

Xa pola tarde, actuación na Praza da agrupación Lemavos e ás 22:00 h actuación de ‘Los Coleguitas’ que tamén participará na verbena da noite, antes do concerto do grupo monfortino indie Malenne.

O domingo 14, pola mañá, alborada polo barrio con Cadela Asasina e a Agrupación Amigos da Pandeireta e ás 11:30 h xogos para os máis pequenos na Praza con Rafa Aguiar como animador. Ao mediodía sesión vermú a cargo da charangaOs Sureños. E pola noite, pechando o programa de festas coa verbena das 21:00 h. actuación do grupo Punto Clave.

ÚLTIMAS

IGV denuncia que a Deputación convoca axudas para a vivenda do seu persoal e non impulsa unha política propia de vivenda social

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 17 de outubro de 2026 recolle unha...

A Cooperativa Lemos celebra a súa xuntanza anual e cea de confraternidade

A Cooperativa Lemos celebrou a súa xuntanza anual e cea de confraternidade para apoiar...

Agroma Sober leva a pleno revalorizar a Amandi, mellorando vías e fontes

A pesares de ser o nome que dá sona e historia aos viños da...

O BNG de Monforte presenta unha moción para que o Concello priorice o traballo cos bancos que manteñen atención presencial na cidade

O BNG de Monforte de Lemos presentou unha moción ao Pleno municipal para reclamar...