HomesociedadeÁngela Álvarez do IES A Pinguela gana a fase provincial do concurso...

Ángela Álvarez do IES A Pinguela gana a fase provincial do concurso literario Carta a un Militar Español

Ángela Álvarez, alumna de 1º de Bacharelato Humanidades do IES A Pinguela de Monforte de Lemos, foi protagonista do acto que organizou a Subdelegación de Defensa de Lugo no Vello Cárcere onde se lle entregou o diploma e o premio que a acreditan como gañadora da fase provincial do certame.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A 13º edición deste concurso ten por lema “PLUS ULTRA. La audacia que cruza horizontes”. Hai case cen anos, catro valentes aviadores españois cruzaron o Océano Atlántico no hidroavión Plus Ultra, voando desde España ata Sudamérica.

Nunha época na que os avións eran fráxiles e voar era extremadamente arriscado, demostraron que con esforzo, traballo en equipo e gran entusiasmo pódense superar grandes desafíos. Estes son os valores fundamentais que definen ós que forman parte das Forzas Armadas, e estes son os valores que se queren transmitir a través deste concurso.

Foi unha oportunidade para que o alumnado investigase e, a través das súas cartas, rendesen unha merecida homenaxe ós aviadores que coas súas fazañas colocaron a España no escenario da aviación mundial, e poder escribir sobre este voo pioneiro e os valores que este acontecemento histórico destacou: a perseveranza, a camaradería e o desexo de ir máis alá.

Desde o IES A Pinguela felicitan tamén a Ángela por este primeiro éxito, e deséxanlle moita sorte na fase nacional do concurso.

Ángela Álvarez no concurso literario / IES A Pinguela

ÚLTIMAS

O delegado do Goberno en Galicia destaca en Sarria o funcionamento da campaña “Non Camiñas Soa”

A campaña lévase a cabo desde o ano 2021 para reforzar a protección das...

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...

Intensa actividade promocional da D.O. Ribeira Sacra

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra impulsa este mes de xuño unha destacada...

“Non me gusta o fútbol moderno e non me gusta o VAR!”, ‘Chura’, exadestrador do C.D. Brollón

Juan Carlos Gallardo Martínez, coñecido popularmente como ‘Chura’, rematou a tempada como adestrador do...