HomesociedadeA Deputación defende a "legalidade e igualdade" no procedemento das instalacións de...

A Deputación defende a “legalidade e igualdade” no procedemento das instalacións de Augas Mestas

A Deputación ten convocados procedementos de concesión demanial para sete instalacións de titularidade da Deputación Provincial de Lugo, e considera "chamativo" que só en Augas Mestas se deran este tipo de incidencias

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación para a Promoción e o Desenvolvemento Rural de Galicia, Prorural, presentou a mediados deste mes de xullo un escrito formal ante a Deputación de Lugo solicitando aclaracións sobre o prego de concesión do Complexo Turístico Náutico de Augas Mestas (Quiroga). Consideraban que o prego carecía da información técnica imprescindible para que as empresas interesadas concorreran “en condicións de igualdade, seguridade xurídica e solvencia real”.

Ante estas acusacións desde a Deputación Provincial aseguran actuar con pleno respecto á legalidade, “garantindo en todo momento os dereitos das persoas interesadas e a igualdade de trato entre todos os posibles licitadores”.

Ao respecto da visita ás instalacións de Augas Mestas que a institución provincial organizaba para este 28 de xullo, califican de inadmisible que a devandita visita se programase “pola presión da asociación”. “A Deputación de Lugo non tramita os seus procedementos administrativos cedendo ás presións de persoas ou entidades interesadas, senón actuando con estrito sometemento á legalidade e atendendo aos criterios técnicos e ás propostas formuladas polos servizos responsables da instrución do procedemento”, afirman desde a Deputación.

  • A Deputación ten convocados procedementos de concesión demanial para sete instalacións de titularidade da Deputación Provincial de Lugo, e considera “chamativo” que só en Augas Mestas se deran este tipo de incidencias. “Tamén resulta significativo que os argumentos recollidos nas alegacións coincidan cos empregados posteriormente polo Partido Popular nas súas manifestacións públicas sobre este procedemento, nun intento de cuestionar unha tramitación que se está desenvolvendo con absoluto respecto á legalidade, á transparencia e á igualdade de oportunidades entre todos os posibles licitadores”, conclúen.

ÚLTIMAS

O recanteiro de Lugo Sur, Julio Ferrín, canta hoxe no Luar

O quirogués Julio Ferrín estréase na sección 'Recantos' do programa Luar da TVG. No...

O GDR Ribeira Sacra-Courel aproba 34 proxectos que mobilizarán máis de 2,5M€ de investimento no territorio

As axudas LEADER buscan impulsar novas iniciativas empresariais, mellorar a competitividade das actividades existentes...

A 48 edición do Rally San Froilán, os días 16 e 17 de outubro, estrea treito en Sarria

As novidades do percorrido son o treito de Baralla, con saída e meta na...

Aberto o prazo de matriculación para a Escola Municipal de Danza de Monforte

O Concello de Monforte informa á veciñanza que a Escola de Danza Municipal comezará...