HomesociedadeO VI Obradoiro "Sarria, Camiño de Santiago" continúa coa rehabilitación do Campo...

O VI Obradoiro “Sarria, Camiño de Santiago” continúa coa rehabilitación do Campo da Feira

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, coñeceu esta semana os primeiros traballos que se están a acometer ao abeiro deste proxecto, posto en marcha no mes de xuño.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración destina 454.500 euros a financiar a sexta edición do obradoiro dual de emprego “Sarria, Camiño de Santiago”, que continúa cos labores de rehabilitación no Campo da Feira da vila.

No obradoiro participan 20 persoas desempregadas, que durante nove meses recibirán formación e adquirirán experiencia profesional en oficios con boas perspectivas de inserción laboral; en concreto, 10 aprenden a especialidade de Fábricas de albanelería e outros tantos a de Instalación de elementos de carpintería.

Villares destacou que estas iniciativas “deixan pegada nos participantes, que reorientan a súa traxectoria profesional, e no territorio, como demostra a transformación que está a experimentar este Campo da Feira, cada vez máis renovado e funcional grazas ás reformas que van incorporando as distintas edicións do taller”.

O proxecto actual acometerá a rehabilitación do pendello do polbo -xa hai cinco restaurados no recinto-, o recubrimento da fachada da nave do Mercado Gandeiro, a reforma interior dos aseos públicos e o acondicionamento de muros, entre outras actuacións.

Actualmente estanse desenvolvendo 16 obradoiros duais de emprego na provincia de Lugo e tramítase a resolución da segunda convocatoria, que sumará novos proxectos a executar no bienio 2026-2027.

Obradoiro de Emprego Sarria / Delegación territorial

ÚLTIMAS

IGV denuncia que a Deputación convoca axudas para a vivenda do seu persoal e non impulsa unha política propia de vivenda social

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 17 de outubro de 2026 recolle unha...

A Cooperativa Lemos celebra a súa xuntanza anual e cea de confraternidade

A Cooperativa Lemos celebrou a súa xuntanza anual e cea de confraternidade para apoiar...

Agroma Sober leva a pleno revalorizar a Amandi, mellorando vías e fontes

A pesares de ser o nome que dá sona e historia aos viños da...

O BNG de Monforte presenta unha moción para que o Concello priorice o traballo cos bancos que manteñen atención presencial na cidade

O BNG de Monforte de Lemos presentou unha moción ao Pleno municipal para reclamar...