HomesociedadeV Certame de debuxo infantil para promocionar a 39 Feira do Viño...

V Certame de debuxo infantil para promocionar a 39 Feira do Viño de Amandi

O O Concello de Sober vén de enviarlles aos centros educativos da comarca as bases que rexerán o V Certame de debuxo infantil para a XXXIX Feira do Viño de Amandi. O traballo gañador promocionará o evento.

Publicado o

- Advertisement -

Poden participar na convocatoria todos os nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos que estean escolarizados nos centros de ensino da comarca da Terra de Lemos.

Os debuxos deberán presentarse sobre cartulina, tamaño aproximado DIN A4 sobre o tema: O cultivo da vide na Ribeira Sacra.

Cada autor presentará un único traballo acompañado dunha folla cos seus datos persoais. O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro día 12 de marzo debendo ser entregado na Biblioteca Pública do Concello de Sober.

Haberá un único premio valorado en 150 euros. Ademais concederase un accésit de 50 euros ao mellor debuxo de cada colexio participante. A entrega dos premios terá lugar o día 10 de abril no Centro Sociocultural de Sober ás 12:00 horas.

ÚLTIMAS

O 7 de novembro entréganse os premios do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebra 12 anos de traxectoria impulsando...

Apróbase coa abstención do PP a moción de Espertamonforte para reclamar á Xunta unha escola da Galiña Azul

Na exposición de motivos, Esperta explicaba que Monforte, segunda cidade da provincia de Lugo,...

Últimas proxeccións da curta ‘Descensos’ no IES Daviña Rey de Monforte e Lamas das Quendas de Chantada

A curta "Descensos", que une documental e ficción, conta a historia de dous descensos...