HomesociedadeEste 30 de setembro regresan os Faladoiros de Quiroga con recordos da...

Este 30 de setembro regresan os Faladoiros de Quiroga con recordos da vida no rural

Os recordos da vida no rural serán o fío condutor da nova cita do Faladoiro, que tras o descanso estival, regresa este mércores, día 30 de setembro, ás 18:00h. á biblioteca do Centro Social de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A protagonista será Loyda López Pérez, unha emigrante retornada, que con sete anos marchou para Montevideo (Uruguay). Tras dezasete anos nesta cidade, viviu en Barcelona e Mallorca; e no ano 2012 veu para facer de Quiroga a súa residencia habitual.

Loyda naceu en Vilar do Mato e aínda que marchou con sete anos ten moitos recordos da súa aldea natal, recordos que compartiu no seu primeiro libro publicado “Loyda. Yo nací y me crié en la última aldea celta de Galicia”. Aínda que Loyda, como ela mesma se definiu, é unha pintora que escribiu un libro; narra na súa obra a vida na casa dos seus avós que vivían nunha aldea de Ribas de Sil.

Este repaso pola vida das aldeas a mediados do século XIX será o tema central dun Faladoiro no que se compartirán lembranzas das orixes dos participantes, dando unha visión positiva ao sentimento de morriña.

O Faladoiro é unha actividade que promove o Concello de Quiroga dende a Concellería de Servizos Sociais e Participación Cidadá, moderado polo concelleiro Xosé Manuel Fernández. Trátase dun espazo aberto á veciñanza para a socialización, o coñecemento e a participación cidadá, onde tras unha breve presentación da persoa convidada, os participantes poden intervir con preguntas ou contando as súas propias experiencias.

ÚLTIMAS

‘Éxitos da música galega’ na Casa da Memoria de Bóveda

Os amantes da música galega, especialmente deses temas que temos gardados na memoria e...

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...