HomesociedadeCarude festexa o 'Octoberfest'

Carude festexa o ‘Octoberfest’

O coñecido e popular barrio monfortino celebra esta festa con comida, cervexa, xogos e música.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

En Carude son moi amigos e amigas da festa e calquera escusa é boa se o obxectivo é xuntarse e pasalo ben. Deste xeito, o vindeiro 17 de outubro celebrarán por segundo ano o ‘Octoberfest’, unha celebración típica alemá na que a cervexa é a protagonista.

A Capela de Carude será o epicentro da celebración que empezará ás 13:00 h e promete gozar dun gran ambiente de encontro con amigas e amigos gozando de boa música, de cervexas de importación e salchichas típicas alemás.

Ambiente Octoberfest 2025. Foto:Asoc. Barrio de Carude.

Ás 13:30 h. está programado un concerto do grupo De-Loreans, ás 16:00 h. haberá xogos infantís e sorteos para a cativada, e xa pola tarde, a partir das 18:00 h. a música correrá a cargo de Dinosaurios.

Un dos concertos do Octoberfest 2025. Foto: Asoc. Barrio de Carude.

ÚLTIMAS

Sober fórmase na elaboración artesanal de vermús, licores, augardentes e bebidas espirituosas

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL),...

Veciñanza Fronte o Odio promove un encontro este xoves, 15 de outubro, no centro cívico de Monforte

O colectivo Veciñanza Fronte o Odio organiza este xoves, 15 de outubro, unha palestra...

Do 14 ao 30 de outubro está aberta a convocatoria de axudas para o transporte do alumnado de Monforte que estuda fóra

Poderá optar a estas axudas: Alumnado de ensinanzas universitarias adaptadas ao Espazo Europeo de Educación...

Este venres, 16 de outubro, comeza unha nova tempada do “cineclube Ateneo” de Monforte

Este proxecto de cineclub, organizado polo equipo do Ateneo Casino, baixo a coodinación do...