HomesociedadeA Policía Local de Monforte incorpora a dous novos efectivos

A Policía Local de Monforte incorpora a dous novos efectivos

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, participou este venres na toma de posesión como funcionarios de dous novos policías municipais que pasan a formar parte do cadro de persoal do Concello de Monforte de Lemos, na categoría de axente de Policía Local, grupo C1.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta incorporación prodúcese unha vez finalizado o período de formación teórico-práctica que os novos axentes realizaron na Academia Galega de Seguridade Pública da Estrada e na cidade de Monforte. Esta formación desenvolveuse de xaneiro a xuño do presente ano na citada Academia, e de xullo a setembro no Concello de Monforte.

O pasado venres, ao acto de finalización do curso da 18 Promoción de Policías dos Corpos da Policía Local de Galicia, da que forman parte os dous novos axentes, sumábase a entrega de Condecoracións ao Persoal destes Corpos. O Inspector xefe da Policía Local de Monforte, Miguel Martínez, recibiu un recoñecemento aos seus 35 anos de servizo.

Acompañado pola Tenente Alcalde, Gloria Prada; o oficial Néstor Álvarez, e o Secretario do Concello, José Antonio Mourelle Cillero, o Alcalde departiu cos novos axentes e desexoulles sorte nesta nova etapa ao servizo da cidadanía de Monforte.

ÚLTIMAS

O Circuíto de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia da Deputación chega o 17 de outubro a Taboada e Ribas de Sil

O sábado, 17 de outubro, ás 19:00 horas o salón de actos da antiga...

A asociación Prodeme representará ao Río Breogán na ‘Copa Campeones’ da Fundación ACB

A Asociación PRODEME de Monforte de Lemos dará un novo paso na súa traxectoria...

Adxudícase por 400€ mensuais o servizo de cafetería do complexo deportivo da Pinguela

Previsiblemente a cafetería abrirá entre finais deste mes e principios de novembro, unha vez...