HomesociedadeFormación en Chantada na técnica tradicional de cestería, Bouyricou

Formación en Chantada na técnica tradicional de cestería, Bouyricou

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, achegouse este luns a San Cristovo de Mouricios (Chantada), onde se está a desenvolver un curso dedicado á técnica tradicional de cestería denominada Bouyricou. A actividade forma parte da iniciativa de formación de perfeccionamento Fibranzas. Laboratorio das fibras vexetais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante a súa visita, Alén destacou a importancia destas accións para a transmisión do coñecemento artesanal e puxo o foco na necesidade de ofrecer unha formación integral nos oficios artesanais tanto para mellorar a competitividade dos artesáns en activo como para a captación de novos talentos para o sector artesanal.

Con este obxectivo estase a desenvolver o programa formativo Fibranzas —iniciado en 2025 e do se está a realizar agora o curso de perfeccionamento— co que se busca afondar nas técnicas vinculadas á cestería e nas súas posibilidades no marco da artesanía contemporánea. Fibranzas forma parte da iniciativa Aprender da tradición. Oficios e técnicas, desenvolvida pola Fundación Artesanía dende o ano 2023. Esta acción está enfocada na transmisión de coñecemento e na captación de novos talentos para asegurar a remuda xeracional no sector e resultou nominada ao Premios Nacionais de Artesanía 2026, na categoría Premio Promociona para Entidades Públicas.

Este curso é a continuación do desenvolvido durante oito meses no ano 2025 e dende o luns 19 e ata o mércores 21 de outubro, un total de 14 alumnos —seis máis que no resto dos módulos do programa Fibranzas— aprenden dúas técnicas tradicionais da cestería francesa dirixidos por Corentin Laval e Karen Gossart, do proxecto L’Oseraie d’Ile, no que cultivan a súa materia prima, unha vintena de variedades de salgueiro con diferentes características (cores, resistencia, flexibilidade) para poder variar e controlar o proceso de creación de principio a fin.

Corentin Laval amosa a técnica tradicional da rexión francesa do Périgord realizada con varas de vimbio e tecido en espiral coñecido a través da cesta chamada Bouyricou. Trátase dunha técnica de trenzado ancestral en espiral que se poden atopar noutros países con materiais diversos. Este profesional orientou esta práctica cara a creacións máis contemporáneas.

En paralelo, Karen Gossart imparte outra técnica de tecido de cestería con vimbio propoñendo novas formas e remates para realizar o Panier Galicien. Estudou Belas Artes e formouse na Escola Nacional de Cultivo e Cestería do Vimbio en Fayl-Billot, Haute-Marne, o que lle permitiu aprender este oficio e desenvolver un novo enfoque estilístico.

Fibranzas Chantada / Consellería de Emprego

ÚLTIMAS

Monforte “tómase a peito” o cancro de mama

Durante toda a mañá, representantes e colaboradores da AECC ofreceron información sobre a actividade...

O colectivo Lemos Le celebra o ‘Día das Bibliotecas’

O colectivo Lemos Le, formado por bibliotecas escolares, bibliotecas públicas municipais (BPM) e a...

Remata a pavimentación da rúa Calvo Sotelo de Monforte cun investimento de 183.000€

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola Tenente Alcalde, Gloria Prada, e...