HomesociedadeSober abre este 24 de outubro o ciclo Música no Outono con...

Sober abre este 24 de outubro o ciclo Música no Outono con Hava Dúo

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade comezan este sábado, 24 de outubro, o ciclo ‘Música no Outono’ cun concerto a cargo de Hava Dúo. A actuación será ás 20:00 horas no Centro Sociocultural con entrada de balde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O dúo de trombón e acordeón ofrece unha viaxe sonora por distintas épocas e estilos, cun programa que combina o barroco, a música contemporánea e o tango.

O Hava Dúo, formado por María Benítez (trombón) e Jéssica Duarte (acordeón), presenta un concerto que sorprende pola inusual combinación instrumental e a riqueza estilística do seu repertorio. A fusión destes dous instrumentos permite unha ampla gama tímbrica, creando unha experiencia sonora única. O programa divídese en dúas partes, en cada unha das cales se interpretan unha obra barroca de Girolamo Frescobaldi, unha obra contemporánea escrita expresamente para o dúo e unha peza de Astor Piazzolla.

Unha viaxe pola historia da música

O concerto comeza coa Bernardina, de Girolamo Frescobaldi (1583-1643), unha obra composta en 1614 que destaca pola súa expresividade melódica e o uso do baixo, que achega profundidade e carácter á peza.

A continuación, preséntase En bucle, da nova compositora Nuria López García (2002), unha obra que forma parte do ciclo A tolemia da lucidez. Inspirada no trastorno obsesivo-compulsivo (TOC), esta creación alterna seccións obsesivas e momentos de calma tensa, cunha música que avanza en círculo, reflexo dun pensamento que non cesa.

O programa continúa con Libertango, de Astor Piazzolla (1974), unha das obras máis coñecidas do chamado «tango novo». Nesta peza, o tango fusiónase co jazz e a música académica, dando lugar a unha linguaxe privado e recoñecible en todo o mundo.

O concerto renóvase con Canzoni per basso só, tamén de Frescobaldi, unha obra crave na transición entre o Renacemento e o Barroco, que mostra a experimentación harmónica e as sutís disonancias do compositor.

A continuación, interpretarase Sketches, de Rafael Nunes (2004), unha obra en cinco movementos, cada un inspirado nunha cor: Celeste, Cinza, Ámbar, Terracota e Bordeus. A pesar das súas diferenzas, os movementos comparten pequenos materiais musicais que se transforman ao longo da peza, creando conexións sutís entre eles.

O concerto finaliza con Le Grand Tango, de Piazzolla (1982), unha obra en tres seccións que combina enerxía, introspección e humor, e que mostra a complexidade e profundidade emocional do compositor arxentino.

A través deste programa, Hava Dúo invita os oíntes a descubrir novas formas de escoita e expresión musical. Un percorrido por diferentes épocas e estilos que se unen baixo un enfoque innovador e fresco, ofrecendo unha experiencia única e renovadora para todos os públicos.

O dúo cuxo nome reflicte a conexión primordial entre os dous instrumentos: o aire. A través desta unión, propóñense superar as barreiras tradicionais, buscando novas formas de interacción sonora e creando unha linguaxe musical propia.

ÚLTIMAS

“Cuando el Camio Mata” do escritor berciano, Pepe Gómez Sandes, preséntase este venres en Sarria

Sarria acolle este venres, 23 de outubro, a presentación de «Cuando el Camino Mata»,...

A xeoloxía do Xeoparque Montañas do Courel protagonista no encontro ‘Camiños de Ciencia’

Quiroga acollerá este venres 23 de outubro a terceira parada de Camiños de Ciencia,...

Quiroga celebra o 23 de outubro con “Estrelas galegas da ciencia”

“Estrelas galegas da ciencia” é unha actividade e espectáculo de animación á lectura vinculado...

Monforte celebra o 31 de outubro o Mercado de Outono

O evento terá lugar o vindeiro sábado, 31 de outubro, na Praza de Abastos...