HomesociedadeComo se promociona turisticamente a provincia?

Como se promociona turisticamente a provincia?

O Consello Provincial de Turismo aproba as bases do novo premio Lugo Cambia, enmarcado dentro do Plan Estratéxico de Turismo, que constará de dúas modalidades; ao turismo e á gastronomía lucense.

Publicado o

- Advertisement -

Nos últimos meses, a Deputación desenvolveu outras actividades de promoción turística, está a punto de adxudicarse o proxecto de implantación de sinalización intelixente a través dunha APP de tódolos recursos turísticos da provincia, participouse en Fitur en colaboración co APEHL, na revista “E para comer Lugo..”, realizouse un curso de enoturismo, participouse nas xornadas Estase Cocendo, e impulsouse o micoturismo e turismo científico no xeodestino Ancares-Courel.

Continúase coa programación de impulso ás candidaturas do Xeoparque Mundial da UNESCO de Montañas do Courel e a da Ribeira Sacra e coa creación dun ecosistema integrado nos Ancares- O Courel. Unha iniciativa coa que o executivo provincial propón o desenvolvemento de fórmulas turísticas diferenciais para este territorio da Montaña Lucense.

Púxose en marcha a web de turismo da Deputación, realizáronse folletos informativos sobre os xeodestinos e a gastronomía da provincia, impulsouse a creación dun calendario de eventos da provincia e definiuse unha nova estratexia de comunicación en redes sociais.

A Deputación, da man dos 67 Concellos da provincia, participou nas feiras e eventos turísticos máis relevantes do panorama turístico, FITUR; Xantar en Ourense; Festival Marítimo de Pasaia e III Forum do Camiño de Santiago. Está prevista a participación en Expo-cidades en Braga, Expo-vacacións en Barakaldo  e Termatalia en Ourense.

Publicouse o libro Coloreando a provincia”, o libro Dicionario da comida galega, que recolle un amplo listado de produtos gastronómicos galegos. E nestes momentos está traballando sobre a guía termal da provincia en colaboración co Eixo Atlántico, entidade coa que xa editou unha guía de espazos naturais.

Consello Provincial de Turismo

A posta en marcha do Consello Provincial de Turismo é unha das medidas definidas ao abeiro do Plan Estratéxico de Turismo na Provincia de Lugo (2017-2020). Integran o Consello, 26 persoas relacionadas co turismo da provincia (representando a asociacións, entidades e institucións), co obxectivo de impulsar a gobernanza turística a través deste novo ente, participativo e consultivo.

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...