HomesociedadeConcentración en Sober en repulsa da violencia machista, trala morte do pasado...

Concentración en Sober en repulsa da violencia machista, trala morte do pasado venes

O Concello de Sober realiza este luns ás 12,00 horas unha concentración en repulsa da violencia machista, tras a morte de Estrela Domínguez Menéndez, de 63 anos, natural da localidade, asasinada presuntamente o pasado venres en Madrid polo seu marido, un home de 81 anos.

Publicado o

- Advertisement -

No acto deste luns está confirmada a presenza da subdelegada do Goberno na provincia, Isabel Rodríguez e está prevista tamén a participación da secretaria xeral de Igualdade da Xunta, Susana López Abella. A Xunta de Galicia mostrou a súa “máis enérxica condena” por este asasinato e outro en Valga (Pontevedra), que se investiga como un posible delito de violencia de xénero.

Nun comunicado, a Xunta manifesta súa “consternación” ante estes crimes e fai un chamamento a toda a sociedade para que “se rebele” contra esta “repudiable secuela”. Tamén anima ás persoas que “estean a ser vítimas de malos tratos a denunciar” para, subliña o Executivo autonómico, que así se “lles poida prestar a axuda necesaria para romper coa situación de violencia na que están inmersas”.

Por iso, o Goberno galego lembra que as vítimas teñen á súa disposición o teléfono gratuíto 016, que non deixa pegada na factura telefónica.

A Xunta convoca ás 12,30 horas deste luns en Santiago unha concentración de condena polos crimes cometidos en Valga e Madrid, durante a que se gardará un minuto de silencio, mentres en Sober, ademais da concentración, o Concello decretou dous días de loito polo suceso, que acontecía o pasado venres en Madrid. Todo apunta a que o octoxenario disparou á súa muller cunha escopeta de caza, na súa vivenda en Cidade Lineal para despois suiciarse tamén dun disparo, polo que se trataría dun novo caso de violencia machista.

As bandeiras do Concello “lucirán a media hasta en sinal de dor”. O alcalde trasladou no seu nome, no da Corporación e no de toda a localidade as condolencias á familia da muller.

ÚLTIMAS

Aberta a inscrición nas XXIII Xornadas Pedagóxicas que organiza a Rede Museística en Tor e San Paio de Narla

A deputada de Cultura, Iria Castro, e a xerente da Rede Museística Provincial de...

Espectacular programa para gozar da XXI Feira Medieval de Monforte

A cidade de Monforte amosa xa, coa decoración de rúas, unha expectación previa que...

O Trail galego das categorías infantil, cadete e xuvenil adéstrase en Chantada

Unha vintena de nenos e nenas chegados de toda Galicia, acompañados polo preparador e...

‘Val de Quiroga de tapas’: a tapa gañadora coñecerase tras o pregón da Feira do Viño de Quiroga

O 'Val de Quiroga de tapas' celebrou a súa décimo terceira edición neste comezo...