Homesociedade28 expositores na Feira de Antigüidades de Sarria, os días 6 e...

28 expositores na Feira de Antigüidades de Sarria, os días 6 e 7 de abril

A XXIV Feira de Antigüidades e Restauración San Lázaro, que se celebrará os días 6 e 7 de abril nas rúas do casco histórico da vila, contará con 7 anticuarios locais.

Publicado o

- Advertisement -

O Deputado pola Comarca de Sarria, Pablo Rivera Capón, a Alcaldesa de Sarria, Pilar López Yáñez, e a Concelleira de Turismo da vila, María Luisa López Lebón, xunto con anticuarios da comarca e a interiorista María Beltrán, veñen de presentar unha nova edición da Feira de Antigüidades San Lázaro.

Este ano a feira contará con 28 expositores de coleccionismo, mobles antigos, decoración, libros, discos, etc. Rivera Capón destacou que “esta cita está consolidada xa no calendario da vila e de toda a Comarca. É unha gran oportunidade para os amantes das antigüidades e do coleccionismo para descubrir pezas singulares, nalgún dos anticuarios ata se poderán atopar motos e bicicletas antigas. É unha boa oportunidade para dinamizar a economía da contorna, grazas aos numerosos visitantes que se achegan durante a fin de semana”.

A deseñadora de interiores, María Beltrán, volveu ser a encargada de deseñar o Espazo Xove da feira, un espazo recreación a través do interiorismo para a promoción de produtos locais con degustacións gastronómicas.  Desde o programa de promoción da artesanía do CentrAD organizase unha Demostración de elaboración de xoguetes, que terá lugar o sábado no stand de información.

A mostra estará animada por actuacións de danza e música folclórica e os asistentes poderán asistir a demostracións de talla en madeira da Asociación Sarricanta, e de  cerámica, a cargo da Asociación Ceramolóxica Galega Canaveira, así como contemplar exposicións dos seus traballos.

Durante a fin de semana da feira, a vila acolle, ademais, numerosas actividades paralelas, como contacontos ou obradoiros. Haberá tamén exposicións de maquetas de pedra natural, de pintura, de encaixes e de bolillos entre outras. Así mesmo, o sábado haberá un concerto do grupo The DeRellas (Reino Unido).

ÚLTIMAS

Ata o 7 de novembro pódense solicitar as axudas ao transporte do alumnado universitario e de ciclos formativos de Monforte

As axudas están dirixidas a cubrir os gastos de transporte público do alumnado universitario...

O CC Ponte Vella de Ourense celebra o seu 24º aniversario

Durante dúas semanas, visitantes, familias e amigos poderán gozar de talleres, exposicións, xogos, espectáculos...

O PP pídelle á Deputación reparto igualitario dos fondos

No documento que se elaborará coas achegas que realicen os representantes do PP de...

Presentado o cartel do ‘Xanela Fest’ que promove a operadora chantadina Xanela

Este venres 10 de outubro presentouse en Guntín o cartel do Xanela Fest, evento...