HomesociedadeSelo oficial de calidade para os produtores de aceite de Quiroga?

Selo oficial de calidade para os produtores de aceite de Quiroga?

Os candidatos do PP ás Xerais visitan Aceiroga e trasladan o seu apoio para a consecución dunha Denominación de Orixe para o aceite de Quiroga.

Publicado o

- Advertisement -

Os candidatos do PP puxeron en valor a importancia de que este produto estea avalado por un selo oficial de calidade, comprometéndose a intensificar os contactos, de conseguir responsabilidades de Goberno, para que o Ministerio de Agricultura traslade, na maior brevidade, esta concesión á Comisión Europea.

Das súas 2,5 hectáreas, situadas en Bendollo, no Concello de Quiroga, saen uns 2.000 litros de Aceiroga; un aceite único polas súas propiedades e que está elaborado 100% con oliva propia.

Segundo os últimos rexistros, en cada campaña comercialízanse aproximadamente 5.000 litros de aceite procedentes das oliveiras de Quiroga e Ribas de Sil, case a oitava parte da produción total desta comarca.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...