HomesociedadeNovas ferramentas administrativas e informáticas na loita contra incendios no rural

Novas ferramentas administrativas e informáticas na loita contra incendios no rural

A Xunta, Seaga e Fegamp asinan unha adenda para mellorar o convenio de defensa e protección das aldeas fronte aos incendios. Entre este martes e o mércores 16, estanse presentado estas novidades aos alcaldes a través de reunións nas distintas delegacións provinciais da Xunta.

Publicado o

- Advertisement -

A principal novidade é que a Xunta prestará apoio técnico ao cen por cento dos concellos adheridos para que elaboren os seus plans municipais de defensa contra incendios, con ferramentas administrativas e informáticas específicas.

A previsión é actuar para previr incendios nunhas 700 aldeas de 68 parroquias de toda a comunidade autónoma no período 2019-2022 mediante a xestión da biomasa en terreos próximos aos núcleos de poboación. Está previsto actuar nunhas 4.500 hectáreas este ano, ata chegar a unhas 16.000 ao remate do período.

O Goberno galego ofrecerá aos municipios unha plataforma para a xestión da biomasa, que simplificará a xestión de todos os requirimentos e notificacións dos concellos aos vecinos. Contarase tamén cun visor no que os concellos adheridos disporán da información correspondente ás faixas secundarias e das parcelas que as conforman. Realizarase, en colaboración cos concellos, un manual básico de procedemento e prestaráselles cooperación técnica para elaborar os modelos de notificacións e comunicación.

Contémplase tamén a posta en marcha de proxectos piloto públicos ou privados de mobilización de terras nas faixas secundarias de xestión da biomasa, coa finalidade de implantar actividade agrogandeira nelas e que se manteñan limpas e actúen como devasa natural fronte aos incendios. Tamén se incorpora como novidade no convenio, a inclusión para a súa limpeza dun total de 40 “aldeas modelo” situadas fóra das parroquias seleccionadas.

ÚLTIMAS

Opinión: De anchoas, auga e emoción

Recentemente tivo lugar unha polémica referente ao chiringuito situado á beira do río Cabe,...

“Xornadas de literatura e poesía no Pazo de Tor”, os días 2 e 3 xuño

Co título “Xornadas de literatura e poesía no Pazo de Tor”,  o encontro afondará...

Comunicado do PP de Monforte respecto do Bar Anchoas

O expediente sobre esta instalación no Paseo do Malecón establece a obriga aos actuais...

A Piscina Climatizada Municipal de Chantada faise máis accesible

A Piscina Municipal de Chantada poñíase en funcionamento en decembro do 2002. As instalacións...