HomesociedadeComezan a súa formación 3 novos policías locais para Monforte

Comezan a súa formación 3 novos policías locais para Monforte

Os tres novos axentes en prácticas da policía Local son Antonio Portela González, natural de Vigo, Óscar José Lorenzo Pérez, natural de Ferrol, e  José Olaf Fernández Fuente, natural de Monforte.

Publicado o

- Advertisement -

Rematado o proceso selectivo que tiña aberto o Concello de Monforte para a incorporación de 3 novos axentes ó corpo de Policía Local da cidade, as persoas que superaron dito proceso foron recibidas no concello polo alcalde de Monforte, José Tomé Roca e o concelleiro de Servizos, José Luis Losada.

Os axentes incorpóranse este luns, día 22 de abril, á Academia Galega de Seguridade Pública de A Estrada, onde iniciarán a súa formación previa ao inicio (sempre que superen dita formación) das súas funcións como axentes de policía locais en Monforte. Alternarán a súa formación na Academia con períodos de prácticas no propio Concello de Monforte.

O seu período formativo rematará a finais deste ano, e se o superan satisfactoriamente, serán nomeados funcionarios do Concello a principios do vindeiro ano 2020.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...