HomesociedadeCunha ocupación do 97,30%, a Ribeira Sacra tivo a mellor Semana Santa...

Cunha ocupación do 97,30%, a Ribeira Sacra tivo a mellor Semana Santa da súa historia

En termos xerais, o balance de ocupación en días previos foi do 76,60 % (56% en 2018) e de 97,30 % en días centrais (83 % en 2018).

Publicado o

- Advertisement -

Os datos de ocupación superaron as previsións iniciais na maioría dos casos, salvo os días previos en hoteis de 3 e 4 estrelas onde foi un 8% inferior ao previsto unha semana antes de dar inicio este periodo vacacional. Desde o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra sinalan que, probablemente esteas cifras se deban ás previsións de choiva e a inestabilidade meteorolóxica dos días previos.

Superáronse con moito, os datos do 2018 e a Semana Santa do 2019 converteuse na mellor das que se teñen datos rexistrados. As excelentes cifras poden deberse á tendencia de crecemento dos últimos anos na Ribeira Sacra e ás condicións do tempo moi desfavorables na maior parte do territorio nacional, incrementándose a demanda dos destinos de interior.

Días previos:

  • Hoteis 3* e 4*: 72,25 % (68,8 % en 2018)
  • Turismo Rural: 75% (50 % en 2018)
  • Outros aloxamentos: 80% (52 % en 2018)

Días centrais:

  • Hoteis 3* e 4*: 99,5 % (86,61% en 2018)
  • Turismo Rural: 98 % (89 % en 2018)
  • Outros aloxamentos: 96% (74 % en 2018)

21-22 de abril:

  • Hoteis 3* e 4*: 59 %
  • Turismo Rural: 82 %
  • Outros aloxamentos: % (sen datos polo momento; pendente de recibir unha mostra significativa para facer balance)

Actividades do Consorcio de Turismo ao 100%

As saídas enoturísticas e xeolóxicas programadas dende o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra tiveron un 100% de ocupación e amplas listas de agarda.

Destacan a demanda dunha actividade que se presentaba como novidade, as rutas de escape “Búskao na Ribeira Sacra”. Segundo o Consorcio, a iniciativa superou todas as expectcativas quedando máis de 30 grupos sen mochila dispoñible e con intención de realizar a actividade en próximas datas de funcionamento.

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...