HomeSucesosUn traballador no hospital polo ataque dunha vaca en Samos

Un traballador no hospital polo ataque dunha vaca en Samos

Un traballador foi evacuado a un centro sanitario após ser golpeado por unha vaca nunha explotación gandeira na mañá deste martes no termo municipal de Samos (Lugo).

Publicado o

- Advertisement -

Un traballador foi evacuado a un centro sanitario logo de ser golpeado por unha vaca nunha explotación gandeira na mañá do martes día 5 de xuño no termo municipal de Samos (Lugo).

Segundo informou o 112 Galicia, sobre as 10,30 horas un particular solicitou ao servizo de emerxencias asistencia sanitaria para un traballador que fora golpeado por unha vaca. En concreto, os feitos ocorreron nunha explotación gandeira situada en Vilachán, na localidade lucense de Samos, onde o operario realizaba o seu traballo.

Após recibir o aviso, requiriuse por parte do 112 Galicia a intervención dos servizos sanitarios de urxencia do 061 e de axentes da Garda Civil. Deste xeito, o 061 desprazou ó lugar unha ambulancia asistencial que levou ao traballador ferido ó Hospital Nosa Señora dos Ollos Grandes, segundo confirmaron fontes sanitarias a Europa Press.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...