HomeComarca de SarriaDous detidos en Sarria tras unha pelexa multitudinaria en plena corentena

Dous detidos en Sarria tras unha pelexa multitudinaria en plena corentena

Publicado o

- Advertisement -

Dúas persoas foron detidas tras participar nunha pelexa con varias persoas implicadas rexistrada este mércores no centro de Sarria. Segundo informaron fontes da investigación a Europa Press, o suceso tivo lugar á primeira hora da tarde deste mércores na rúa Calvo Sotelo.

Estas fontes explicaron que se trata dun enfrontamento entre dúas familias que protagonizaron unha pelexa que se saldou coa detención por parte da Garda Civil de dúas dos implicados.

Este suceso ten lugar mentres están en vigor as restricións derivadas do estado de alarma e que obrigan aos cidadáns a permanecer confinados.

ÚLTIMAS

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...