HomeSucesosFerida unha muller de 77 anos ao ser atropelada en Monforte

Ferida unha muller de 77 anos ao ser atropelada en Monforte

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Unha muller de 77 anos, con iniciais S.G.G, resultou ferida esta mañá tras ser atropelada en Monforte de Lemos e, por mor das súas lesións, tivo que ser evacuada polo 061 ao hospital comarcal.

Segundo informaron a EFE fontes dos servizos de emerxencias, o accidente produciuse ás 11:00 horas, á altura da rúa Doutor Casares, no centro urbano de Monforte de Lemos. O 112 mobilizou para atender á vítima ao 061, á Policía Local e á agrupación de voluntarios de Protección Civil.

Despois de recibir os primeiros auxilios no mesmo lugar do accidente, a septuaxenaria foi evacuada nunha ambulancia de Soporte Vital Básico do 061 ao Hospital de Monforte de Lemos.

Nesta semana coñecíase que segundo un estudo elaborado pola RACE, Monforte é unha das localidades con maior siniestralidade de toda España.

ÚLTIMAS

L∃EMOS, novo selo de Agrasar Editores que abre a porta a xéneros e voces universais

Desde a súa fundación, Agrasar Editores, foi un piar na preservación e promoción da...

Horario do bus urbano de Monforte os días 5 e 9 de decembro

O Concello de Monforte informa que a empresa de transportes concesionaria do servizo do...

O xulgado arquiva a denuncia por violación grupal nun pub de Sarria

A xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Sarria decretou...

Este 6 de decembro celébranse os XII Cantos de Taberna da Pobra do Brollón

Todos os grupos pasarán ao longo do serán polos seis bares do municipio: Avenida,...