- Advertisement -
O 112 Galicia atendeu esta madrugada unha chamada relacionada cun incendio nunha casa situada no lugar de Currelos, no Saviñao. Segundo explicou a persoa que contactou co servizo de emerxencias, sentía estalidos na parte alta da casa, aínda que descoñecía de que se trataba. Por precaución, os ocupantes do inmoble saíron enseguida, por iso, ninguén necesitou asistencia médica.
En canto ao alcance dos danos, os Bombeiros de Chantada confirmaron que as chamas devoraron o tellado da vivenda sen que chegase a propagarse polo resto da casa.