HomeSucesosIncendio nun piso de Monforte

Incendio nun piso de Monforte

Un pequeno lume provocou danos nunha vivenda da Avenida de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O suceso, que aconteceu ao redor das 12:30 h. deste sábado 8 de maio nun cuarto piso dun edificio da rúa Chantada, mobilizou a tres camións de bombeiros así como tamén unha ambulancia e a policía local que cortou parcialmente esta rúa do centro de Monforte.

O lume iniciouse no corredor dunha vivenda e seica foron os propios habitantes da mesma os que chamaron ao servizo de emerxencias.

Aínda que o lume parecía controlado, por intervención dos propios habitantes do inmoble e os axentes da policía local, un camión de bombeiros despregou o guindastre con dous efectivos que acabaron de apagar o lume.

O sinistro xerou un certo atasco na rúa Chantada e gran expectación con moita xente amoreada nas inmediacións atraídos pola curiosidade e espectacularidade do despregue.

Camións de bombeiros / XdL

Os danos, só materiais, seica afectaron á parte exterior da vivenda e descoñecemos as causas que o motivaron.

ÚLTIMAS

Taller de Subvencións para Emprender e para Empresas Galegas, o 28 de xaneiro online

Durante o taller daranse a coñecer a subvencións para promover e apoiar ás persoas...

“Os maragatos da Porta de San Pedro”, a exposición na Casa da Cultura de Chantada ata o 29 de xaneiro

Compoñen a mostra 12 paneis en galego e castelán que recollen a historia da...

Sarria presenta a 18ª edición da Festa do Cocido do Porco Celta

O Concello de Sarria vén de presentar unha nova edición do seu evento estrela...