HomeSucesosPrisión provisional sen fianza para o detido por agresión sexual a unha...

Prisión provisional sen fianza para o detido por agresión sexual a unha menor en Monforte

O Xulgado de Garda de Monforte acaba de ditaminar prisión provisional e sen fianza para o presunto agresor sexual dunha menor con discapacidade que residía na localidade.

Publicado o

- Advertisement -

O home, duns 40 anos, foi detido en Monforte de Lemos como suposto autor dun delito continuado de abusos sexuais a unha menor de 16 anos con discapacidade, filla da súa parella, segundo informaron fontes policiais.

A Policía Nacional informou de que o arresto tivo lugar na madrugada do martes 28, despois de que recibiran unha chamada alertando dunha persoa con actitude agresiva nun domicilio da cidade do Cabe. O home foi detido no domicilio, despois de que a avoa da menor informase de comportamentos desaxeitados do detido coa menor. A avoa relatou aos axentes que o home se encerrou nunha habitación coa neta e que, ao saír, levaba os pantalóns “medio baixados”.

Este é o segundo caso de similares características que se produce en Monforte no mes de agosto.

ÚLTIMAS

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...

Claudia Taboada, actriz con raíces maternas en Quiroga: “É ridiculamente marabilloso ser intérprete”

Falamos con Claudia Taboada, quiroguesa por vía materna e moi ligada a este concello...