HomeSucesosAparece un cadáver nas Lamas en Monforte, na zona onde se...

Aparece un cadáver nas Lamas en Monforte, na zona onde se buscou ao veciño desaparecido

Un veciño que paseaba pola contorna do aeródromo das Lamas en Monforte atopou o cadáver entre a maleza.

Publicado o

- Advertisement -
O cadáver atopado podería ser o de Carlos Yáñez, Misi, veciño desaparecido da residencia de Prodeme o pasado 4 de agosto. O lugar no que apareceu o cadáver este mércores 5 de setembro atópase nas proximidades de Prodeme e foi, polo tanto, a zona na que se buscou ao desaparecido na última batida feita o 30 de agosto.
Ao redor das 13.00 horas de hoxe procedeuse ao levantamento do cadáver. O corpo atopado estaba desfigurado de levar días morto e a simple vista non se pode concluír que se trate do veciño desaparecido. Si hai coincidencias nalgunhas prendas de roupa que levaba Misi no momento da desaparición, pero haberá que facer a autopsia e outras probas que conclúan que efectivamente se trata do cadáver de Carlos Yáñez.
O vehículo que recolleu o cadáver para o seu traslado tivo unha avaría polas irregularidades do terreo, todo apunta a que rompeu o cárter e quedou inmobilizado. Houbo que chamar a outro vehículo para que levase o cadáver e a unha grúa para levar o vehículo avariado.

 

ÚLTIMAS

Daniel Areán: “A última vez que contei as medallas tiña 203”

Falamos con Daniel Areán Grejs, un mozo da parroquia de San Mamede, no Concello...

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...