HomeSucesosOrde de afastamento para o cuarto investigado por suposta agresión sexual en...

Orde de afastamento para o cuarto investigado por suposta agresión sexual en Sarria

Este cuarto investigado declarou este luns no Xulgado de Instrución de Sarria.

Publicado o

- Advertisement -

A xuíza que investiga a suposta agresión sexual en grupo nun local de Sarria decretou unha orde de afastamento de 500 metros e a prohibición de comunicarse coa vítima para o cuarto investigado por estes feitos.

Este cuarto investigado polos feitos rexistrados a finais de setembro nun establecemento de lecer nocturno declarou este luns como investigado ante o xulgado de instrución de Sarria, segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Ao termo do interrogatorio, a xuíza acordou a prohibición de comunicación e unha orde de afastamento de medio quilómetro coa vítima.

Por estes feitos permanecen investigadas outras tres persoas, dúas das cales están en prisión provisional comunicada sen fianza. A un considéraselle autor dun delito de agresión sexual, cooperador necesario para a comisión doutros e relevación de segredos.

No caso do terceiro, o xulgado decretou liberdade con prohibición de comunicarse ou achegarse á denunciante, retirada do pasaporte e prohibición de saír do territorio nacional. Tamén se fixaron comparecencias quincenais e, no seu caso, está investigado como cooperador necesario.

A causa por estes feitos, precisaron desde o alto tribunal galego, séguese por delitos de agresión sexual, ameazas e revelación de segredos.

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...