HomeSucesosNovo tremor en Sarria, nesta ocasión de magnitude 2,3

Novo tremor en Sarria, nesta ocasión de magnitude 2,3

Puido sentirse na área de Betote de Arriba, Sarria e Samos; e foi de menor intensidade que o que se deixou sentir o pasado venres na zona.

Publicado o

- Advertisement -

A localidade lucense de Sarria rexistrou na noite deste luns un novo tremor de terra, tras o que se deixou sentir o pasado venres na zona, aínda que esta vez de menor intensidade. En concreto, segundo a información do Instituto Xeográfico Nacional, o terremoto tivo lugar sobre as 23.30 horas da pasada noite ao norte da localidade de Sarria, nunha zona próxima ao rexistrado fai catro días.

A magnitude deste sismo foi de 2,3 graos e, segundo os datos do IGN, puido sentirse na área de Betote de Arriba, Sarria e Samos. O pasado venres, a mesma área rexistraba un terremoto de 3,7 graos, moi superficial, que puido sentirse noutros puntos da provincia de Lugo, como a contorna da capital e, mesmo, en zonas máis ao norte, como Vilalba e A Mariña. Máis ao sur, ás 22.43 horas do pasado domingo rexistrábase un tremor de terra de magnitude 2,4 no municipio ourensán de Laza; mentres que o sábado pola mañá producíase outro, de magnitude 1,6, no Barco de Valdeorras, tamén en Ourense.

ÚLTIMAS

Taboada enxalza a cultura do viño do 23 ao 24 de maio nunha nova edición de Raizames

Durante tres días desenvolveranse distintas actividades de dina,mización, como catas e degustacións; a proxección...

O Concello de Sober patrocinará un proxecto alpinista que promocionará a Ribeira Sacra

O Concello de Sober vén de asinar días atrás un acordo de colaboración en...

Éxito total no arrinque das xornadas enogastroturísticas ‘Marida Maio’

As xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra, baixo o nome de Marida Maio, comezaron este...

Taboada e Chantada homenaxean ás cantareiras esta fin de semana

Este sábado 17, día propio das Letras Galegas, o Concello de Taboada organiza unha...