HomeSucesosAcepta a condena de ano e medio de prisión pola morte de...

Acepta a condena de ano e medio de prisión pola morte de dous motoristas nun accidente

Publicado o

- Advertisement -

Un home aceptou este venres unha condena de ano e medio de prisión por causar en 2019 un accidente de tráfico en Monforte no que resultaron falecidos dous motoristas.

O xuízo, sinalado para este venres no Penal 1 de Lugo, non chegou a celebrarse, dado que as partes chegaron a un acordo de conformidade polo que o acusado recoñeceu os feitos e aceptou unha rebaixa na condena.

Fiscalía pedía inicialmente tres anos de prisión por estes feitos, que finalmente quedarán nun e medio. Tanto o Ministerio Público como a acusación particular e a defensa mostráronse conformes á pena, coa que o condutor recoñece os feitos.

O acordo inclúe a suspensión da entrada en prisión do procesado se non delinque de novo nun período de dous anos. Ademais, seralle retirado o carné de conducir durante dous anos e medio, o que implica a súa perda definitiva.

O accidente tivo lugar o 16 de agosto de 2019, cando o acusado invadiu o carril contrario de circulación para facer unha manobra sen decatarse de que por el circulaba unha moto con dous ocupantes, que faleceron.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...